Hazte premium Hazte premium

DEFUNCIÓN

Faleceu o artista pontevedrés Leopoldo Novoa aos 91 anos

S. P.

O artista pontevedrés Leopoldo Novoa faleceu onte en París, onde simultaneaba residencia xunto con Galicia, aos 91 anos de idade. Nado en Salcedo (Pontevedra) en 1919, viaxou por primeira vez a América con sete anos, e alí comezou a pintar, debuxar e modelar. Cando voltou a Galicia en 1929, desenvolveu a súa faceta artística, ata que retornou coa súa familia de novo a Uruguai, onde residiu ata 1947. No 1965, o artista trasladouse a París, onde traballou intensamente durante os seguintes anos, anque simultaneando esta residencia con longas tempadas en Armenteira (Meis). Alí tiña o estudo.

Internacionalmente recoñecido, expuso en museos de Bos Aires, Nova Iorque, Punta del Este, Montevideo, Dublín, Madrid, Italia, Bélxica, París, Lima, Bogotá e Quito, así como en varias cidades galegas. Logo de coñecer a nova do falecemento, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, solidarizouse coa familia e amigos deste autor, último Premio Provincial á Cultura. Destacou del a súa adicación, esforzo e talento.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación