Hazte premium Hazte premium

BREVES DE ACTUALIDADE

A Diputación da Coruña convoca 56 becas por valor de 350.000 euros

A Diputación da Coruña abriu onte a convocatoria para un total de 56 becas dirixidas a mozos da provincia co obxectivo de «ampliar a súa formación en diferentes campos». En total, a inversión provincial nestas axudas —que están destinadas ao perfeccionamiento de estudos artísticos fóra de Galicia, á investigación de diversas ciencias e ao apoio a deportistas de disciplinas individuais— ascenderá a 348.350 euros. O prazo para enviar a documentación necesaria ao Rexistro Xeral da Diputación da Coruña pecharáse o próximo 31 de marzo.

Alertan de niveis baixos nas reservas de sangue dos grupos A+ e 0+

As reservas dos grupos sanguíneos A positivo (A+) e cero positivo (0+) presentan niveis baixos na Comunidade galega, mentras que as de A- y 0- se manteñen estables, segundo datos do Centro de Transfusión de Galicia. Para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos, o CTG recorda que son precisas 500 doacións de sangue cada día, polo que destaca a importancia de ser solidario. A partir do luns día 13 de febreiro, as unidades do CTG desprazaránse, na provincia da Coruña, a Ortigueira (diante da farmacia); A Coruña (praza Conchiñas); Ordes (detrás do concello); Carnota (diante do Consistorio) e Santiago (diante da cafetería da Xunta). En Lugo estarán na Pastoriza (praza do concello) e en Riotorto. En Ourense ubicaránse no Entrimo (parque municipal) e en Lobios. En Pontedesprazaránse o luns a Rois, Ponteareas e A Guarda.

Un 70% das zonas de baño galegas presentan unha «calidade excelente»

As zonas de baño de Galicia presentan unha calidade axeitada da auga e «son suficientemente boas», sendo no 70,7 por cento dos casos excelente, mentres que un 8,2 por cento ten unha cualificación de insuficiente. Segundo o informe correspondente á cualificación sanitaria final das zonas de baño en Galicia de 2011, dos 519 puntos de mostraxe destos paraxes, o 70,7 por cento obtivo unha cualificación sanitaria excelente; o 13,1 por cento, boa; o 8 por cento, suficiente e o 8,2 por cento, insuficiente.

O centro de día de Vilagarcía abrirá as súas portas en marzo

O centro de día público para persoas maiores de Vilagarcía de Arousa poderá acoller aos seus primeiros usuarios en marzo, segundo confirmou a conselleira de Benestar, Beatriz Mato,que onte visitou as dependencias. Nun prazo de quince días empezarán a tramitarse as solicitudes de ingreso. O centro vilagarciano dispón dunha capacidade de vinte prazas,

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación