Catedral vsTorre de Hércules
Un estudio elaborado por un portal de Internet sitúa ao templo compostelano e á torre coruñesa á cabeza dos monumentos máis valorados por foráneos e turistas
SANTIAGO
A arquitectura do seu casco antigo, a grandeza da súa construcción e o ambiente que crean os milleiros de peregrinos que cada ano recalan na Praza do Obradoiro son dúas das razóns máis esgrimidas polos internautas á hora de valorar a Catedral de Santiago coma o monumento máis destacado de Galicia obtendo unha puntuación máxima de cinco estrelas. Por detrás na lista, e en pugna directa co templo compostelano, sitúase a Torre de Hércules, un dos faros máis antigos que segue a atraer ao público como un dos símbolos máis representativos do litoral coruñés.
Así se desprende do estudio levado a cabo por un portal de reseñas de Internet (Qype), que cada ano recibe 25 millóns de visitas e no que cada 30 segundos se actualiza a opinión sobre un destino do mundo. A través desta web, turistas e veciños de Santiago lograron situar á urbe como «un monumento de obrigada de visita», deixando patentes os motivos polos que tanto a propia catedral como o conxunto histórico que a envolve foron declarados Ben de Interese Cultural en 1896 e Ben Cultural Patrimonio de la Humanidad pola Unesco en 1985.
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete