Hazte premium Hazte premium

Un Gaiás moito máis animado

A Cidade da Cultura programa para as fins de semana de febreiro dous obradoiros audiovisuais, de stop motione cine mudo. A Consellería anunciou que as entradas para estes talleres sairán hoxe mesmo á venda

A. MARTÍNEZ

Son catro fins de semana do mes de febreiro. «Un Gaiás animado» é o programa co que se pretende achegar o mundo audiovisual aos rapaces de entre 5 e 14 anos. Os obradoiros serán dous, e de carácter totalmente independente. O de Stop-Motion buscará que os nenos de entre 6 e 14 anos elaboren a súa propia curtametraxe, participando en tódalas súas fases: guión, confección de personaxes e rodaxe. Plastilina, area, pedras, figuras de plástico e papel celofán son algunhas das ferramentas que os artífices empregarán na creación dos protagonistas e escearios, aos que logo lle darán vida ante unha cámara, manipulando focos, movendo as figuriñas, partes do decorado, ou fotografando as diferentes esceas. O resultado acabará convertíndose nunha pequena película que durará apenas minutos.

O stop motion (parada de imaxe, paso de manivela, foto a foto, cadro por cadro) é, basicamente, unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. En xeral, denomínanse animacións de stop motion as que non entran na categoría de debuxo animado, nin na que se fai por ordenador, isto é, por dicilo dalgún xeito, aquelas que non foron debuxadas nin pintadas, senón que se configuraron tomando imaxes da realidade. Hai dous grandes grupos: a animación con plastilina ou calquer outro material maleable, chamada en inglés claymation ; e a que se fai empregando obxectos ríxidos. A primeira pode facerse ao estilo libre, cando as figuras se van transformando no progreso da animación; tamén orientarse a personaxes que manteñen unha figura consistente no transcurso dunha película.

O stop motion úsase para producir movementos animados de calquer obxecto, incluíndo xoguetes, bloques e bonecas. Isto coñécese coma «obxecto de animación».

Stop motion é, asimesmo, o medio para a producción de pixilación , a animación da vida humana ou animal. Bos exemplos son os filmes de Mike Jittlov, como asistente en The wizard of speed and time (1980); a longametraxe que leva o mesmo nome (1987-89), a curta francesa de 1989 bautizada como Gisele Kerozene por Eisa Kavo e Jan Kunen, e algúns traballos do animador escocés Norman McLaren. O go motion é unha variante do stop motion , trátase de que aplicando un sistema de control a bonecos ( animatronic ) se lles induce a realizar movementos mentras se rexistra a animación fotograma a fotograma. No desenlace, prodúcese o efecto de blur sobre as partes en movemento, que aumenta a sensación de realismo. Unha variación do stop motion é a animación gráfica de fotografías, na súa totalidade ou en partes. Boas probas son Frank Film e Braverman's Condensed Cream of Beatles (1972),

Este primeiro taller desenvolveráse na Biblioteca de Galicia ao longo de catro sesións, que terán lugar os días 4, 11, 18 e 25 do mes que vén: ás 11.30 para aqueles de 6 a 10 anos, e outra quenda ás 17.30 dirixida aos de 11 a 14. Son 25 as prazas para cada unha das sesións, a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión.

Nostalxia do cine mudo

O segundo, obradoiro de Cine Mudo está dirixido a nenos de entre 9 a 12 anos que, a través da construcción de coñecidos xoguetes ópticos como o traumatopo, zootropo ou flipbook (libro de cine), descubrirán dunha forma amena e divertida as orixes da imaxe en movemento. Unha introdución ao propio cine que lles permitirá experimentar coa luz e as sombras, e elaborar historias e personaxes protagonistas das súas propias tiras de cine mudo. A Biblioteca de Galicia será, igualmente, o esceario que acolla este taller, que se desenvolverá ao longo de catro sesións dunha hora e media de duración todos os domingos de febreiro, 5, 12, 19 e 26. A actividade tamén terá lugar en dúas quendas, para adaptar os contidos ás diferentes idades: ás 11.30 para nenos de 5 a 8 anos, e ás 17.00 para os de entre 9 e 12 anos.

Cóntase con 20 prazas para cada unha das sesións, a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión. As entradas para participar nos dous obradoiros de «Un Gaiás Animado» poden adquirirse a partir de hoxe en www.servinova.com ou a través de www.cidadedacultura.org a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión.

A adquisición dunha entrada só da dereito a asistir á actividade para a que foi comprada. No caso de querer asistir aos dous obradoiros, polo tanto, é preciso mercar cadanseu pase. No caso do segundo obradoiro, precisamente The Artist é unha producción recente que podería considerarse unha homenaxe. Precisamente a algo que nunca pudo contar o cine mudo, a súa morte. A chegada do sonido sincronizado foi un dos sucesos máis traumáticos para a industria hollywoodiense o pasado século. A adaptación conseguiuse en 1930 (foi gradual). Moitas das grandes estrelas caeron no esquecemento.

A cinta de Michel Hazanavicius causou unha gran expectación porque é en branco e negro e imita a narrativa do cine da época, substituíndo os diálogos e a voz en off por intertítulos. En vez de verse como «vella e obsoleta», espertou a curiosidade do espectador. O protagonista é George Valentin, experto en cine exótico de aventuras, que é apartado dos estudos de gravación cando chega o cine sonoro. Refúxiase no alcol e comeza o seu proceso de autodestrucción. Unha actriz á que el descubriu pasa a converterse na nova icona. Hai unha secuencia idéntica a Ciudadano Kane , un guiño a Fairbanks , un mordomo que adopta o mesmo papel ca Erich von Sthroheim en El crepúsculo de los dioses , similitudes con El hombre delgado , claqué... Longa listaxe de referencias.

SANTIAGO

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación