Hazte premium Hazte premium

A exposición audiovisual do Camiño de Santiago conquista París

ABC

A Sala René Capitant, na céntrica Praza do Panteón de París, acolle dende o pasado día 13 deste mes a exposición audiovisual organizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo «Memoria da Peregrinación. Camiño de Santiago, primeiro itinerario cultural europeo». Ao acto inaugural asistiu a xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero, así como representantes das entidades colaboradoras: Adeline Rucquoi, presidenta da Asociación Francesa de Amigos do Camiño de Santiago, e Jean Tiberi, alcalde da municipalidade do Distrito V de París.

Esta exposición audiovisual, comisariada polo técnico da S.A. do Plan Xacobeo Francisco Singul, consta dun total de 52 fotografías e un vídeo de 15 minutos realizados polos artistas de Monforte de Lemos Manuel Valcárcel, fotógrafo, e Alexandre González, músico. Ambos realizaron unha peregrinación por Europa percorrendo Hungría, Eslovaquia, Austria, Eslovenia, Croacia, Italia, Francia e España. Froito desta peregrinación e da súa visión persoal do Camiño é esta mostra itinerante que ao longo do 2011 visitou as cidades de Bucarest, Sofía, Zagreb e Santiago.

As fotografías recollen patrimonio, monumentos, peregrinos e todas as circunstancias do Camiño nas que estes artistas pousaron a súa particular mirada; no vídeo inclúese unha banda sonora orixinal de Alexandre González.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación