Hazte premium Hazte premium

flores de papel

Once veces once

Esta Noia tamén existe, mais non me fago responsable se alguén vai alí e non a atopa

ramón blanco

O día once de novembro pareceunos boa data para facer un recital poético-musical en Noia, no Resto Pub Trócolo. Propúxonolo o músico Pablo Sax, e alá fomos, conscientes de que a poesía e a música son xeitos de resistencia contra quen queren facernos esquecer que temos unha vida espiritual, ou como queiramos chamarlle.

Foi un privilexio encontrármonos outra vez na Tasca Típica, que lle fixo de escritorio a Avilés de Taramancos. Compartimos cea, versos e ilusión antes do acto. Tal como fixeramos tantas veces os do colectivo Sacou, pois entre aquelas mesas aínda deben estar os ecos da nosa xuventude, onde un día quixemos fundar a nova literatura e fundamos a amizade. Quen non se coñecían puideron por fin coñecerse e quen xa se coñecían confirmaron que era bo ter ese coñecemento, pensei mentres nos facían a foto de grupo, tal como delata a cara de pastrán, precisamente no meu aniversario.

Sorprendeunos ver que o Trócolo estaba ateigado, ducias de persoas disputábanse a estreitura do bar para poderen escoitarnos. Ás once e once minutos da noite comezou o espectáculo. Pablo Sax estaba disposto a facer daquel un recital memorable cos seus saxos máxicos e unha morea de pequenos instrumentos de percusión que levou a límites poucas veces explorados; a gravación de David Pérez Iglesias poderá demostralo. Maxi Olariaga, ourive da palabra, foi o noso mestre de cerimonias.

Despois entraron na noite os disparos de neve de Ismael Ramos, Jessica Amado e Laura Ramos a xearnos o sangue, deseñando no aire un vestido de Sylvia Plath. Ana Romaní demarcou as estremas da escuridade ao son borracho do acordeón de Xandra Pinheiro; as notas voaban enredándose cos versos como bolboretas brancas.

Non me canso de mirar a fotografía na que Olalla Cociña educa o aire mentres tece o poema, xusto antes de que Gregory Corso e Pablo deixasen voar a Charlie Parker sobre o colectivo Sacou, representado por Óscar Sendón, Anxo Otero, Marta Pedrosa (ninguén sabe espir a poesía coma ela), Manuel L. Rodrigues e mais eu.

Pasaron tres horas e rematou todo. O público aguantou. Nunca tal vira. O decorado, fermosísimo, feito para a ocasión, foi quedando só, baleiro. Esta Noia tamén existe, mais non me fago responsable se alguén vai alí e non a atopa.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación