Hazte premium Hazte premium

A costa galega da man dos Pacheco

O Museo do Mar de Vigo ofrece unha escolma de 85 instantáneas da máis completa colección de recursos fotográficos de titularidade pública sobre a cidade de Vigo. Trátase de «Cartas de Punto Maior»

D. G. P.

O Museo do Mar de Vigo acolle ata o vindeiro 31 de decembro «Cartas de Punto Maior. A costa galega no Arquivo Pacheco», unha mostra comisariada por Vítor Vaqueiro composta por unha cuidada selección de 85 fotografías temáticas sobre a costa galega (maioritariamente de Vigo e Bouzas) feitas por varias xeracións de fotógrafos da mesma familia entre 1895 e 1960, que inclúe asemade dúas instantáneas de Filippo Prosperi, falecido en Galicia en 1899. «Unha homenaxe marítima ao fotógrafo máis prolífico de Vigo que supuxo un gran traballo de investigación e restauración», tal e como sinalou Pablo Carreira, director do museo, durante a presentación.

Pablo Prado e Pilar Abades navegaron entre as máis de 150.000 fotografías que compoñen o fondo documental, e entre as máis de 2.000 instantáneas de temática mariña escolleron as 85 que mellor plasman a evolución de Vigo sempre da man do mar.

A diferencia dos mapas, as primeiras cartas mariñas non tentaban dar unha visión exacta e precisa dos mares: cumpría con que amosaran os elementos indispensábeis para levar a cabo unha navegación: ventos portantes, correntes ou a localización de accidentes xeográficos, como illas, ou a costa. Precisamente naquelas zonas costeiras que se usaban para marcacións ou na proximidade dos portos a información aumentaba, incluíndo nomes, batimetrías, baixos, rompentes, enfilacións e perfiles da costa, todos os detalles necesarios para chegar a bo porto. Mesmo as veces a escala destas zonas era maior, polo que adoitaban dar unha imaxe que parecía distorsionada.

Nada máis afastado da realidade: salientaban o imprescindíbel, aquelo que obxectivamente servía para navegar e pilotar unha embarcación, sen achegas superfluas. Non entanto, co tempo comezaron a facerse cartas para navegación costeira e de acceso aos portos. Son as cartas de punto maior; aquelas que con minuciosidade amosan os detalles das zonas de interese. Coma se destas tratásese, o Arquivo Pacheco permite recoñecer e analizar os principais elementos que forxaron a identidade marítima da urbe máis industralizada da Comunidade galega no marco da primeira metade do século XX. Unha identidade que, como ben sinalaron Alberte Roman e Paulo Jablonski no proxecto «A Memoria do Mar», levou ás embarcacións do areal ao peirao.

Este paso crucial, de non retorno, modificou a fasquía costeira de Galicia a través da industrialización do litoral, co conseguinte aumento demográfico. Un camiño que comezou a finais do século XIX. «Cartas de Punto Maior», contén unha escolma de fotografías do Arquivo Pacheco onde o protagonista é, sen dúbida, a costa. Unha costa labrada polo home que permitiu darlle sentido produtivo ás colleitas do mar, pero que tamén foi testemuña de escenas de señardade nos trasatlánticos, determinando foulas dun futuro mellor pero deixando un ronsel de lembranzas sobre a terra deixada, se cadra para sempre. Pero tamén hai encadres para o lecer.

É, xa que logo, unha escolma de todas as actividades que de xeito cotián desenvólvense na costa, cuxo efecto de borde, determinado pola interacción terra-mar, dota a estas comunidades dunha cultura diversa, con elementos propios, baseados na súa experiencia e coñecemento, pero aberta tamén ás contribucións chegadas doutros lugares: tempos onde o mar unía. Todo un universo, unha cultura costeira, plasmada de xeito eficaz e artístico por Pacheco, que o propio Arquivo e o Museo do Mar de Galicia achegan nesta mostra.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación