Hazte premium Hazte premium

O Museo da Cidade da Cultura abrirá mañá as súas portas ás visitas guiadas

O novo edificio, de 17.500 metros cadrados, ten unha altura de sete pisosA primeira exposición inauguraráse en primavera

PATRICIA ABET

SANTIAGO

Unha espectacular fachada acristalada de 43 metros de altura dá a benvida ao Museo de Galicia, o terceiro edificio da Cidade da Cultura en abrir as súas portas que poderá visitarse, previa reserva de praza, a partir de mañá mércores. Segundo explicou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, durante un percorrido polas novas instalacións, o edificio conta cunhas «perspectivas arquitectónicas espectaculares» que permiten concebir o museo como unha obra de arte en sí mesmo. Por elo, e ata a próxima primavera, as instalacións manteranse baleiras para que o público visitante poida contemplar «a grandeza desta contrucción» antes de que éste se encha de contido.

As dimensións das que fai gala a nova galería do Gaiás dan boa conta delo. Cunha superficie de 16.000 metros cadrados dividida en tres plantas —que á súa vez contan con distintas terrazas interiores que lle aportan ao conxunto unha estética propia—, a sala deseñada por Peter Eisenman foi calificada por algúns dos artistas que xa a visitaron como un espazo preparado para albergar calquer tipo de mostra, incluídas as de grandes proporcións, debido ás diferentes alturas coas que xoga a construcción.

A propósito da mostra encargada de inaugurar este espazo expositivo, o proxecto «Gallaecia Pétrea», Varela destacou que se trata dunha elección que busca homenaxear a historia de Galicia a través dun dos seus denominadores comúns, a pedra. Sobre ela, o titular de Cultura adiantou que terá un carácter marcadamente didáctico e que incluirá chiscadelas a elementos representativos da Comunidade como o Pórtico da Gloria ou os petroglifos galegos e a escultores como Manolo Paz ou Leiro, dos que se incoporarán algúns dos seus traballos.

O legado das caixas

Consultado a propósito dos eventos que terán lugar nas novas instalacións a medio prazo, o conselleiro desvelou que a segunda gran exposición que o Museo de Galicia albergará estará composta por pezas de coleccións privadas. Ao fío desta cuestión, Varela referiuse ao «importantísimo almacén co que conta este edificio para gardar pezas artísticas coas máximas garantías de seguridade», para apuntar que éste podería servir para custodiar a colección de arte das caixas, tanto as de tema galego como as internacionais. Neste senso, o conselleiro remarcou que a Cidade da Cultura «ten as portas abertas» a calquera proposta neste eido e apostou porque «o patrimonio galego siga en Galicia».

Visitas «experienciais »

En canto ao programa de visitas guiadas, que se iniciarán mañá mesmo, dende o departamento de Cultura suliñaron que todos os interesados en participar delas deberán anotarse previamente a través da páxina web da Fundación Gaiás. Para enriquecer estas visitas, que os organizadores calificaron como «experienciais», os percorridos polas salas museísticas serán aderezados con actuacións musicais e espectáculos de danza, ballet ou teatro.

Tras recoñecer a súa «emoción» ante a presentación do proxecto aos medios, Varela apostou por abrir o espazo a todas as disciplinas artísticas, dende as máis vangardistas ás arqueolóxicas. Sobre o carácter das mostras, o conselleiro destacou que algunhas delas poderán chegar a ser permanentes, pese a que o museo está pensado para proxectos temporais, cunha duración media de entre 4 e 6 meses.

A apertura xeral ao público do terceiro edificio do Gaiás producirase en xaneiro, coincidindo coa presentación do Plan Estratéxico Gaiás do departamento de Cultura.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación