Hazte premium Hazte premium

A Sida a través dos ollos dun artista

O MARCO de Vigo acollerá ata finais de xaneiro a mostra «You are not alone», cun marcado carácter social

A. RODRÍGUEZ

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) abre este mes as súas salas a unha innovadora mostra sobre a lacra social da Sida. Trátase dunha exposición colectiva que da voz ao traballo de 18 artistas contemporáneos que pretenden aportar unha mirada diferente ante os efectos que esta enfermidade ten entre as persoas que a padecen. Tomando como punto de partida as súas causas e posteriores consecuencias, as preto de 35 pezas que compoñen o proxecto «You are not alone» aportan coherencia e intensidade a unha exposición que chega a Vigo tralo seu paso pola Fundación Joan Miró.

Segundo o coproductor da idea —o presidente da Fundación ArtAids, Han Nefkens— «este traballo convida a un reflexión sobre a discriminación e a estigmatización que, aínda hoxe en día, sofren os enfermos de Sida». En opinión de Nefkends, os avances médicos que se produciron neste campo non van á par coa resposta que os cidadáns seguen a ter ante o virus do VIH, unhas reaccións que a miúdo son «de total rexeitamento». O papel da arte neste contexto é, pois, o dunha ferramenta de sensibilización. «Queremos compartir estas visións co público para lembrar que non están sós», comenta o presidente de ArtAids.

As nacionalidades dos artistas participantes, tan variadas como as propias obras, favorecen este clima de entendemento e concienciación. Así, as pezas están firmadas por autores de Lituania, Marrocos, Chile, Dinarmarca, Noruega, Vietnam, Tailandia ou Sudáfrica. Xunto aos seus traballos, unha proxección recodará o tratamento que se lle deu a este tema durante a década dos oitenta e dos noventa a través de campañas publicitarias de loita contra o contaxio de VIH. A modo de introducción desta sección da mostra, os comisarios propoñen unha aproximación á vida do artista Pepe Espaliú, falecido en 1993 por mor da Sida.

E é que na primeira década que seguiu ao descubrimento do virus, foron moitos os creadores que se mobilizaron para denunciar os problemas sociais xerados pola desinformación. Unha realidade que acadou especial relevancia nos EE.UU., o primeiro punto do planeta onde se descobriron os primeiros casos de Sida e que avanzou da man do medo e da exclusión social. A mostra «You are not alone» poderá visitarse nas salas do MARCO olívico ata o próximo 22 de xaneiro.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación