Os blogueiros aterrizan no OUFF
O Festival de Cine de Ourense súbese ao carro das novas tecnoloxías para que o disfrute do público non se restrinxa só á gran pantalla
Ao longo das súas dezaséis edicións, o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) sempre se caracterizou polas súas ansias de abrir o mundo do cinema a outros ámbitos sociais. Unha motivación que na edición deste ano se materializa na labor que dous blogueiros ourensáns desenvolverán na rede ao longo dos dez días (do 14 ao 23 de outubro) que dura o festival. Tratáse de aportarlle aos cinéfilos unha ollada diferente do visionado das cintas que compoñen o programa a través de «dúas bitácoras moi singulares», segundo as describen os seus creadores.
A primeira delas («Baixo a influencia»), dependerá da escritora Rebeca Baceiredo, xornalista especializada en temas culturais. En «Me voy al OUFF», o crítico Pablo Salgueiros explica que a súa intención «será a de comentar as películas e todo o que vaia xurdindo arredor das mesmas. Ben nas salas ou ben relacionado co festival». Pero as novidades desta edición, no tocante ás novas tecnoloxías, van máis aló. Así, os organizadores do evento tamén idearon un espazo na rede «Comuto», pensado para todos aqueles visitantes que cheguen de fóra da cidade e que se animen a compartir coche con outros participantes.
Tamén en Facebook
No capítulo de redes sociais, é posible seguir as novidades e actualidade de cada xornada a través dos perfís que o propio festival ten en Facebook (con máis de dous mil amigos) ou en Twitter. Nestas seccións ofrécese información relacionada cos horarios dos pases e cos abonos, que este ano teñen un prezo de 33 euros para dez sesións. As entradas individuais, pola súa banda, mantéñense entre os 3 e os 4 euros (dependendo de se a proxección é no Cinebox da cidade ou no Auditorio) cun desconto do 50 por cento para menores de 25 anos e maiores de 65.
Como colofón ao abano de opcións tecnolóxicas a través das que estar ao tanto das novidades do festival durante este mes, os promotores do evento acaban de presentar unha aplicación para móviles android que permite informarse sobre calquer aspecto do OUFF con tan só colocar a pantalla do móvil diante dalgún dos espazos onde se ubica o festival.
E para aqueles que prefiran o portal web para informarse, a home do festival (www.ouff.org) contén as fichas de todas películas que se poderán ver ao longo desta semana, ademáis de datos sobre o programa, os ciclos temáticos e os encontros co público.
Sesións de mañá e tarde
Para favorecer a asistencia dos espectadores, o horario de pases dilatarase dende as 17 horas ás 23 con proxeccións simultáneas nas salas Cinebox e no Auditorio. Asemade, o Museo Municipal da cidade albergará proxeccións non stop dende as 11 da mañá ata as 13.30 e dende as 18.30 ata as 21.30.
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete