Suscribete a
ABC Premium

Da voz dormida a anos despois

Do 14 ao 23 de outubro, desfilarán por Ourense Catherine Deneuve, Gerard Depardieu, Elsa Pataki ou Luis Tosar

I. BUGALLO

OURENSE

Este venres, ábrese o Festival de Cine de Ourense con «La voz dormida», a nova película de Benito Zambrano que se asoma á gran pantalla na cidade áurea unha semana antes de que se estree oficialmente en todo o país. Este é un dos ... privilexios que desfrutarán os amantes do sétimo arte que se deixen caer estes días por Ourense, animados por unha carteleira repleta de interesantes proxeccións, tanto no que se refire aos filmes en concurso dentro da sección oficial como aos ciclos temáticos. Na sección oficial, competirán este ano un total de 118 filmes, dos que unha decea son largos, 45 cortos, 13 documentais, 29 filmes de animación, e, dende a vangarda, un total de 21 novos «media», entre os que figuran, entre outros, Jean-Gabriel Périot con «Les Barbares», que levan do poder á desobediencia, con imaxes directas; Bernd Luetzeler, con «The voice of god», que sitúa aos espectadores en Bombay; ou Miguel Fonseca, que fala do amor dentro da guerra coa súa «I know you can hear me».

Artículo solo para suscriptores

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comparte esta noticia por correo electrónico
Reporta un error en esta noticia