Hazte premium Hazte premium

POLÉMICA

Orozco convida a Feijóo a voltar ao San Froilán «tres días máis se quere»

A. MARTÍNEZ

O rexedor lucense tratou de enterrar o conflito aberto logo de que o seu número dous no goberno local apercibise a Alberto Núñez Feijóo cun rotundo: «Non terá a cara de vir ao San Froilán a comer pulpo e facerse unha foto». A frase pronunciouna, dixo, logo da decisión da Xunta de retirar a subvención para este festexo, atendendo á obriga do recorte presupostario. O nacionalista Antón Bao, tenente alcalde e responsable de Cultura e Turismo, non entendeu tal determinación, daí a tentativa de veto. Non obstante, o presidente da Xunta acudiu a Lugo este domingo en calidade de líder dos populares. E levou un anuncio: «Virei sempre que poida, como fixen ata agora; e as declaracións (que fixo Bao) coméntanse por si mesmas», resolveu.

O primeiro edil, o socialista Xosé Clemente López Orozco, mediou onte na polémica: «Non é ninguen o alcalde de Lugo para impedir a asistencia. Igual que veu antonte, pode volver tres días máis se quere», apuntou. «Non porque eu lle outorgue a chave, porque xa a ten, como a teñen tódolos galegos. Pero si temos que dicir que a Xunta non colaborou para que as festas fosen todavía máis luminosas do que xa son. Eso sí temos que dicilo, ou temos que calarnos», engadiu. «Porque dereito a queixarnos, teremos», deixou caer.

O mandatario municipal entendeu que se Alberto Núñez Feijóo «lle está sempre botando as culpas ao Goberno de Madrid, nós teremos que dicir algo dalguén que durante dous anos nos deu diñeiro para as festas e este ano non nolo deu, non?». López Orozco fixo estas declaracións durante unha comparecencia pública na que desgranou ante os medios de comunicación alí presentes para facer balance da súa participación, invitado pola Federación Española de Municipios e Provincias, no VI Foro Iberoamericano de Gobernos Locais, que se celebrou en Asunción (Paraguai).

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación