Hazte premium Hazte premium

Arranca o Ciclo Lied, entre música e poesía

Os concertos terán lugar os días 20, 22, 27 e 29 ás 21 horas no Teatro Principal

A. RODRÍGUEZ

SANTIAGO

O Auditorio da capital galega acollerá durante a segunda quincena do mes de setembro o «Ciclo Lied», unha proposta cultural que mestura música e poesía e que ten as súas raíces no termo alemá «lied» («canción») acuñado no século XVIII e referido a un canto específico. Este tipo de composicións, propias do Romanticismo xermánico, estaban orixinariamente escritas para un cantante que as interpretaba acompañado polo son dun piano. Coa chegada do século XX, o estilo evoluciona e pasa a caraterizarse pola súa brevidade, pola carencia de ornamentos e pola estreita relación co poema e a forte influencia da canción popular alemana («volkslied»).

Tres séculos despois do seu nacemento, o lied convertése no núcleo central da nova proposta da Asociación Galega de Lírica para este mes en catro xornadas adicadas ás composicións de autores clásicos da talla de Schubert, Wolf ou Strauss. E é que tal e como recoñecen os seus organizadores, o ciclo volta a Compostela tras once años de gran éxito na súa XII edición, «con máis forza que nunca» e cunha programación incomparable que busca encandilar ao público galego cunha proposta coidada e innovadora.

Calendario de recitais

Na xornada inaugural, que terá lugar o próximo 20 de setembro, o tenor Mark Padmore e o pianista Roger Vignoles interpretarán obras de Mahler, Sally Beamish e Faure, entre outros. O día 22, a mezzo Anna Grevelius e o barítono Philip Smith —con Vignoles ao piano— deleitarán aos asistentes con composicións de Purcell, Schubert e un ciclo longo de Wolf que incluirá textos do autor romántico por excelencia, Goethe. Na entrega do 27 de setembro, Thomas E. Bauer interpretará a Brahms e para a última xornada do «Lead» o público terá a oportunidade de escoitar en directo á soprano Sandrine Piau, que porá voz a textos de Liszt, Debussy, Chausson, Zemlinsky e Poulenc.

As entradas para a duodécima edición do ciclo Lied xa están á venda a través da páxina web www.novacaixagalicia.es mentras que os abonos para todo o festival se poden reservar a través da liña teléfonica 902434443. O prezo individual por cada recital é de 6 euros e o número de localidades dispoñibles 42. A cuantía do abono para os catro días rondará, ao igual que na pasada edición, os 15 euros.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación