Hazte premium Hazte premium

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Dispoñibles na rede novos cortos de animación para aprender o galego

T. C.

Os sete cabritos , A porta que trota e Fiz, o coleccionista de medos son os títulos de tres fermosas curtas de animación infantil que xa están dispoñibles na rede. Estes contos audiovisuais, dirixidos a entreter e a favorecer a aprendizaxe en galego dos máis pequenos, están accesibles a través do web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.xunta.es/linguagalega), que vén de poñelos a disposición da cidadanía xunto con cadansúa proposta didáctica para traballar, na aula ou en familia, a competencia lingüística dos nenos e nenas.

As propostas didácticas que acompañan os audiovisuais foron elaboradas como material de apoio aos docentes por profesionais con ampla e recoñecida traxectoria na educación infantil. Nelas, desenvólvese o currículo desta etapa educativa co obxectivo fundamental de favorecer a competencia en comunicación lingüística do alumnado. Os nenos, ademais de veren a proxección e escoitaren un modelo de fala de calidade na narración, poden expresarse, manifestar preferencias e sentimentos, dialogar cos compañeiros, narrar... Os materiais, editados en DVD e desenvolvidos por OQO editora, foron enviados aos centros e ás aulas hospitalarias.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación