Hazte premium Hazte premium

arqueoloxía

Achan unha punta do Paleolítico en Lugo

Trátase da peza máis completa e máis decorada atopada deste período

A. G.

As escavacións en Cova Eirós (Triacastela, Lugo) están a ser moi reveladores dos hábitos de vida do «Homo Sapiens». O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da Universidade de Santiago de Compostela destacou, entre os achados deste ano, a aparición de industria ósea nos niveis do Paleolítico superior. Concretamente, os arqueólogos atoparon unha azagaia decorada: unha punta de proxectil duns 12 centímetros de lonxitude realizada sobre un óso largo de animal. A súa decoración consiste nun motivo xeométrico de tres trazos paralelos en forma de zig-zag que se poden observar en ámbalas súas dúas caras.

Con estes achamentos, os membros do grupo de estudos están a aportar novos datos sobre os modos de vida dos «Homo Sapiens» e o Neandertal que habitaron no Noroeste peninsular, nunhas intervencións que comezaron o martes 9 deste mes e contan co apoio dun equipo do Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social de Tarragona, do Ministerio de Ciencia e Innovación e do propio Concello de Triacastela.

O descubrimento desta punta é un fito de grande importancia, xa que aínda que na Cova da Valiña (Castroverde) e na de Valdavarra (Becerreá) tamén se recuperaron obxectos de similares características, esta é a peza que se conserva máis íntegra e que está máis decorada do Paleolítico superior de Galicia. Trátase, xunto co colgando que foi atopado nesta mesma cova, dunha mostra máis de arte moble das sociedades de cazadores recolectores que habitaron as terras de Galicia durante a etapa do Paleolítico superior, e reincide na importancia demostrada que tiñan para os «homo sapiens» as representacións artísticas e o sentido estético.

Os descubrimentos da Cova Eirós non representan unicamente o Paleolítico superior, senón que se estenden tamén polo Paleolítico medio, nunha época na que a cova estaba habitada polos neandertais. Así, entre as numerosas ferramentas líticas elaboradas en seixo e cuarcita destacan obxectos coma unha punta Levallois en seixo que amosa as dotes destes homínidos, dada a complexidade que esixe este método de talla.

Por rázóns coma esa, Cova Eirós xa está consolidada como un xacemento de referencia no norte peninsular no estudo das similitudes e diferenzas entre dúas especies de homínidos, o «Neanderthalensis» e o «Sapiens», ao ter habitado un mesmo entorno e xacemento. Entre as diferenzas máis notables destaca que no período superior xerouse a industrialización da industria ósea, isto é, o aproveitamento dos ósos e as astas dos animais cazados para facer ferramentas, así coma a arte a través de colgantes ou a decoración en úteis. Isto denota que os «Homo Sapiens» tiñan unha maior complexidade e un maior carácter cognitivo que os neandertais.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación