Hazte premium Hazte premium

O termalismo xerou 60 millóns en 2010

O primeiro Balneario Escola da península «ubicaráse en Verín», anunciou Pardo

ISABEL BUGALLO

A secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, segue a ser a maior valedora do sector termal en Galicia, segundo asegurou onte o presidente do Comité Executivo de Expourense, Celso Barbosa, no marco da sinatura dun novo convenio entre a Xunta e Expourense para colaborar na nova edición de Termatalia. Barbosa felicitou o traballo que está a desenvolver Pardo a prol do turismo de Galicia, incidindo de xeito especial no termalismo «como sector estratéxico».

O convenio asinado onte na delegación da Xunta en Ourense supón unha axuda de 75.000 euros a través de Fondos Feder europeos (soportarán o 40 % do custo total de Termatalia) para unha cita que logo de once edicións destaca a nivel internacional como marca do termalismo e da talasoterapia, así como nun centro activo de negocios do sector.

Grazas, entre outras cuestións, a este tipo de actividades, Galicia «poderá seguir liderando o turismo de saúde e benestar», salientou a responsable rexional de Turismo, que definiu o certame como «unha oportunidade única de promoción e difusión internacional do turismo de saúde en Galicia». De feito, suliñou, «é a única cita do mundo que serve de ponte entre o termalismo de Europa e América Latina» nunha Comunidade que «no 2010 contou con 100.000 usuarios que, ocupando o 85% das prazas das distintas estacións termais, xeraron uns ingresos de máis de 60 millóns de euros».

Para Pardo, a presenza dunha feira destas características en Galicia supón «unha oportunidade única de promoción e difusión das nosas augas termais tanto a profesionais como ao público final». Daí a aposta da Consellería de Cultura en materia termal «coa creación da cátedra correspondente de hidroloxía médica e do Clúster, subvencións para a mellora e creación de hoteis-balneario e a posta en marcha de programas turísticos específicos».

A próxima edición de Termatalia contará tamén coa presenza de Turgalicia, que colaborará no relativo á promoción e difusión in situ —como na Bolsa de Contratación Turística—. Carmen Pardo anunciou tamén onte en Ourense que o primeiro Hotel Balneario Escola da Península Ibérica «ubicaráse en Verín».

Esta localidade ourensá poderá contar con esta valiosa infraestructura formativa a finais do 2012, do mesmo xeito que a localidade lusa de Chaves contará cun Centro de Investigación de Hidroloxía Médica, cubríndose así un oco formativo e outro de investigación nun entorno clave de ámbito tranfronteirizo, a liña que separa Ourense de Portugal, unha zona caracterizada pola elevada concentración termal.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación