Hazte premium Hazte premium

NA CASA DA PARRA

Inaugurada a exposición sobre o pintor Philip West

P. A.

A Casa da Parra de Santiago manterá aberta desde onte e ata o próximo 30 de setembro a exposición «Philip West. Metamosfose da imaxe poética», a través da que ofrece aos visitantes un percorrido pola última etapa artística e vital deste pintor británico, destacado representante do movemento surrealista. Organizada pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo —e en colaboración coa Fundación Granell— a mostra reúne un total de 22 pinturas e debuxos procedentes da colección que o propio artista, amigo de Eugenio Granell, legou á devandita Fundación.

O director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, presente na presentación da mostra, destacou que ésta pon a disposición dos composteláns e dos numerosos visitantes que se achegarán estes dous meses á cidade «unha excelente oportunidade de entrar en contacto ou de afondar na suxerente obra de Philip West» (York, 1949-Zaragoza, 1997), que nos seus últimos anos experimentou unha serie de transformacións que poden ser entendidas a modo de resumo das súas experiencias plásticas anteriores.

Pola súa banda, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez, remarcou que a obra de Philip West se centra «no trípode surrealista de libertade, amor e poesía» ao tempo que fixo fincapé na idea de que cada cadro deste autor «é en si mesmo una metáfora poética». O director xeral tamén quixo facer referencia á faceta de West como «editor de fermosas edicións de poetas» e ao seu papel como escritor en prestixiosas revistas internacionais.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación