Hazte premium Hazte premium

Os gardiáns de Miquel Navarro toman posicións no Monte Gaiás

Unhas esculturas de tres metros de altura darán a benvida aos visitantes ata o 8 de xaneiro

P. ABET

SANTIAGO

Vintecatro esculturas feitas en aluminio macizo vixían, dende onte, a entrada aos edificios do Monte Gaiás. O seu autor é Miquel Navarro, un artista que experimenta coa ordenación de series urbanas compostas por figuras alienadas, dando lugar a interesantes composicións. A mostra «Figuras para a batalla», nome baixo o que se encadran estas esculturas de máis de tres metros e medio de alto, foi pensada e realiza polo artista valenciano para ser exposta na Cidade da Cultura, en total armonía co complexo deseñado por Peter Eisenman.

Durante a inauguración da mostra, Navarro explicou que os míticos guerreiros de Xián lle serviron como inspiración para dar forma á obra que onte se presentou. Segundo o autor, «este exército de guerreiros establece un diálogo coa arquitectura de Eisenman» chegando a comparar «as paredes dos edificios con acantilados que protexen aos guerreiros». Asemade, Navarro indicou que este proxecto «non está exento dun elemento de reflexión sobre a vida, a orde e o desorde, e conceptos como faros, sentinelas, individuos e colectividades», matizou.

Pola súa parte, Roberto Varela recordou que esta mostra se atopa entre as principais apostas da programación cultural do Gaiás para 2011, ao tempo que non dubidou á hora de salientar a faceta de Miquel Navarro «como creador de cidades como símbolo e síntese cultural». Comisariada polo crítico de arte Rafael Sierra, «Figuras para a batalla» permanecerá nos exteriores da Cidade da Cultura ata o vindeiro 8 de xaneiro. A programación do Gaiás continuará durante este mes co concerto que Luz Casal ofrecerá o próximo 22 de xullo na Quintana e co ciclo de visitas á mostra «Typewriter: a historia escrita á máquina».

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación