Hazte premium Hazte premium

A oferta da USC para o novo curso incluirá 49 graos e 74 másteres

Tamén se incorpora a docencia en inglés dos másters, para «atraer a estudantes foráneos»

P. ABET

A oferta da USC para o vindeiro curso comporase de 49 graos e 74 másteres, que se repartirán entre os campus de Santiago e Lugo. Asemade, a universidade inclúe tres títulos propios sobre Criminoloxía e Xestión Hosteleira. Así o deu a coñecer o rector Juan Casares Long, quen indicou que na capital galega se impartirán 31 graos con límite de prazas e dous sin límite mentras que en Lugo serán 14 con límite e dous de acceso ilimitado.

Entre as carreiras con máis prazas sitúase Medicina que o próximo curso contará con 400 alumnos de primeiro ano ou as 200 de Administración e Dirección de Empresas. Outros dos graos máis solicitados polos estudantes son Xornalismo (80 prazas); Comunicación Audiovisual (40); Farmacia (200) ou Enfermería (150). A propósito das matriculacións, Long afirmou que «a oferta trata de axustarse ao que son as capacidades de cada centro».

A oferta de posgrao, pola súa banda, estreará seis novos títulos: Tecnoloxías da Información, Turismo urbano e xestión de empresas turísticas, Bioloxía Mariña, Xuventude e Sociedade, Dirección de actividades educativas na natureza e Agricultura, gandería e silvicultura ecolóxicas.

O rector da USC fixo fincapé tamén na importancia de que á hora de atraer a estudantes foráneos ten a docencia en lingua inglesa, que se incorpora o vindeiro curso aos másteres «para que lles resulte máis asequible o seguimento do contido». Casares tamén apuntou que se ben ata o de agora os títulos ofertados tiñan 120 créditos, para o 2012 baixan a entre 90 e 6o etcs, dado que cada vez se aproxima máis ao segundo ciclo do proceso de Bolonia. En canto á matrícula, que se realizará só vía Internet, levarase a cabo do 12 ao 14 de xullo para graos con límite de prazas.

«Outro ritmo» en Mediciña

A transformación da docencia teórica da titulación de Mediciña «collerá outro ritmo a partires do curso 2012-2013» mentres que no próximo se manterá como ata o de agora. «Imos a seguir o mesmo sistema que anos atrás», respostou Long despois de ser consultado polos medios sobre a descentralización de Mediciña. A este respecto, o rector comentou que están programando o paso «o máis rápido posible, respetando o esforzo dos estudantes». Para rematar e referíndose á polémica sobre o número de vacantes, Casares afirmou que «a demanda social se multiplica por catro ou por cinco pero o requerimento das prazas ten que estar limitado pola realidade e os espazos».

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación