Hazte premium Hazte premium

CENTENARIO

Barxas sitúa a Cunqueiro na elite da narrativa das útimas décadas

R. S. C.

«Escritor galego dunha imaxinación irrepetible, un viaxeiro mítico da máis antiga das tradicións literarias». Así definía onte o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Barxas, a figura do escritor Álvaro Cunqueiro —de quen se cumpren neste 2011 cen anos do seu nacemento—, na clausura das xornadas «Novos Escenarios, novos dispositivos: a emerxencia do teatro galego».

Acompañado pola directora do Centro Dramático Galego, Blanca Cendán e o director de teatro Quico Cadaval, López situou ao literato mindoniense entre a elite da narrativa europea das últimas décadas e incluso do século. «Cunqueiro é un viaxeiro no camiño de Europa e do mundo, viaxeiro deste Camiño de Santiago que une Europa e Galicia, a través de Francia e a través dos camiños que unen pobos e culturas», defendía.

Tamén destacou a obra literaria «tan abundante como tremendamente orixinal» de Cunqueiro, autor escollido pola compañía teatral «Les Anachroniques», dirixida por Matthieu Pouget, que vén representando desde o 25 de maio na cidade francesa de Toulouse unha adaptación de «As crónicas do Sochantre», en español e con subtítulos en francés e linguaxe de signos, no teatro municipal desta cidade. «Estes días bailouse de novo nestas terras a danza macabra da morte que comeza no século XVIII de Bretaña e que resucita e humaniza unha vez máis aos seus defuntos para deleite de espectadores», engadía.

O director xeral celebrou a serie de actividades teatrais e académicas programadas en Toulouse con motivo do centenario do autor. Alí, ademais da adaptación de «Les Anachroniques» —que xirará en Galicia, o resto de España e Francia a partir de setembro—, terá lugar un obradoiro de teatro universitario en castelán «Barracrónicas». Na universidade, doce estudantes traduciron, baixo a dirección de Euriell Gobbé-Mévellec, as obras dramáticas cortas de Cunqueiro («A noite vai como un río», «Palabras na véspera», «Función de Romeo e Julieta, famosos namorados», «Xan o bo conspirador», «Roxelia en Finisterre» e «A dama que enganada por un demo elegante quixo mercarlle ao vento a perdiz que falaba»), publicadas en versión bilingüe en Francia.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación