Hazte premium Hazte premium

Valente, recordado nun «ceo de letras»

A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia fixo un veraz recordatorio

ABC

A atmósfera mística e a esixencia formal da poesía de José Ángel Valente centraron onte pola mañá o ciclo literario «Galicia, ceo das letras» na Biblioteca de Galicia. A sesión «Valente ou a erótica do baleiro» estivo presentada pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, quen describiu a Valente como «un dos mais sobresaíntes poetas europeos do século XX» e destacou o carácter «universal» da súa obra.

A análise da poesía de Valente correu a cargo do director da Cátedra de Poesía e Estética José Ángel Valente da Universidade de Santiago, Claudio Rodríguez Fer, autor de numerosos estudios e libros sobre o poeta galego, entre os que destacan «José Ángel Valente» (1992), «Material Valente» (1994) ou, outro moi coñecido, «Valente: el fulgor y las tinieblas» (2008).

Rodríguez Fer, que é tamén Premio da Crítica Español pola súa propia obra poética, analizou a pertenza de Valente á corrente bautizada como «poesía do silencio» e repasou a influencia das místicas xudaicas, sufís, cristiáns, taoístas, e mesmo do budismo zen nada obra do ourensán, recordando a súa relación con María Zambrano.

A sesión contou coa actuación artística de Mauricio Sotelo e do Dúo Rivera. Formado en Austria e Italia, e gañador do Premio Nacional da Música en 2001 ou do Premio Reina Sofía de Composición Musical en 2000, Sotelo é considerado un dos «novos autores prodixio» do mundo da composición española actual. No escenario estivo acompañado polas irmáns Raquel, violín; e María Luz Rivera, piano, que xuntas conforman o «Dúo Rivera», especializado en música de cámara.

A próxima sesión do «Galicia, ceo das letras» terá lugar o 14 de maio, estará adicada a Salvador Espriu, e contará cun dos directores teatrais máis punteiros de Cataluña, Joan Ollé. Espriu é un dos tres autores non galegos incluídos na programación do ciclo, xunto a Fenando Pessoa e Jorge Luis Borges.

Por outra banda, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, apoiou tamén este sábado coa súa asistencia o I Festival Didáctico de Cine de Animación ANIRMAU’11 , organizado polo IES Ramón Mª Aller Ulloa, de Lalín. Acompañado pola directora do centro, Juana Mouriño Otero, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia asistiu á proxección de varias curtas da sección multimedia deste certame, no Museo Ramón Mª Aller Ulloa.

Desta forma a Consellería de Educación dá mostra da súa aposta pola innovación educativa e o aproveitamento didáctico de recursos culturais tan importantes como o cinema, e presta o seu apoio ao esforzo realizado polo instituto lalinense

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación