Hazte premium Hazte premium

«Crebinsky» é a película española máis vista nas salas de cine da Comunidade

Despois de dúas semanas en cartel, só foi superada polas grandes producións americanas

A. RODRÍGUEZ

Logo de dúas semanas na carteleira, a premiada cinta «Crebinsky» non tardou en erixirse como a película española máis vista nos cines desta Comunidade, cunha recadación media por sala, entre venres e sábado, próxima aos 2.000 euros. Segundo os representantes da cinta, estes datos garanten a continuidade do filme en todos os cinemas nos que se está a proxectar, e que se corresponden coas localidades da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Lugo, Narón e Vilagarcía. Trátase dunha historia cómica e verdadeiramente surrealista que semella convencer ao público e que só se viu superada polas superproducións estadounidenses que competían cun maior número de copias.

Esta longametraxe, rodada en catro idiomas e definida polos seus creadores Enrique Otero e Miguel de Lira como «realismo fantasioso», tamén se está a ver fóra das fronteiras galegas, en cines de Barcelona, Madrid e Girona. A partires desta semana, á lista súmanselle Málaga, Alicante e Valencia.

Caras coñecidas

Parte do éxito deste proxecto reside no elenco do ben acollido filme, encabezado polo internacional Luis Tosar e por outras caras coñecidas do panorama audiovisual español, como Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Celso Bugallo, Patricia de Lorenzo e Farruco Castromán, entre outros. Dirixida por Enrique Otero, esta rompedora historia nace en 2002 como unha curtametraxe á que anos máis tarde o seu creador voltaría dando forma e sentido ao xa coñecido como Universo Crebinsky.

Miguel de Lira (Feodor) e Segio Zearreta (Mijail) son dous irmáns aos que as chuvias torrenciais arrastran cando son pequenos, xunto coa súa vaca Muchka, a un lugar perdido da costa. Illados do mundo e dos acontecementos bélicos que os rodean, crecen ao pé dun faro, sobrevivindo de recoller as cousas que trae o mar, as crebas. Alí crean o seu propio mundo: un universo particular de realismo fantasioso. O ritmo cotiá de convivencia coa súa vaca Muchka vese alterado cando esta desaparece. É entón cando os irmáns inician unha busca desesperada que os levará da costa cara ao interior, e na que toparán con nazis, falanxistas e soldados ianquis.

Esta sorprendente idea de partida valeulle aos creadores catro recoñecementos na gala dos premiosMestre Mateo 2010, sendo a segunda cinta máis valorada por detrás de «18 comidas» de Javier Coira.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación