Hazte premium Hazte premium

Galicia, na primera reunión da Rede pola Diversidade

Os participantes achegarán inciativas lingüísticas para a Axenda 2020

ABC

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de sumarse ao recoñecemento da diversidade lingüística europea mediante a súa participación na primeira reunión sobre o proxecto «Lingua e falantes por unha Europa diversa», promovido pola Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (en inglés, Network to Promote Linguistic Diversity, con siglas NPLD), unha estrutura paneuropea que integra máis de vinte gobernos, organismos e asociacións que teñen como cometido a promoción da diversidade lingüística no contexto dunha Europa plurilingüe.

O departamente que dirixe Anxo Lorenzo, membro de pleno dereito da NPLD, participou nesta reunión, que tivo lugar en Bruxelas, co ánimo de contribuír a enriquecer as bases organizativas e os obxectivos que definirán este novo proxecto.

A idea inicial deste proxecto é que os integrantes do mesmo analicen diferentes aspectos da política europea en materia de linguas, especialmente aquela que ten que ver coas chamadas linguas europeas constitucionais, rexionais e de pequenos estados (en inglés, European Constitutional, Regional and smaller-state languages, con siglas CRSS). Deste xeito, o labor levado a cabo pretende converterse en punto de referencia europeo en termos de coñecemento e de difusión de experiencias sobre a diversidade lingüística de Europa.

No transcurso da reunión de Bruxelas chegouse ao acordo de que os participantes no proxecto traballarán inicialmente en dúas direccións. A primeira será a identificación e a análise dos factores fundamentais que inflúen na actual situación das linguas CRSS. Así mesmo, considerouse conveniente identificar retos e oportunidades para estas linguas no escenario específico da Axenda europea 2020, co fin de incluílas nas diferentes iniciativas que se leven a cabo neste ámbito. Na reunión tamén participaron representantes de rexións ou países como Gales, Países Baixos, Finlandia, Cataluña e País Vasco.

A Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística é unha entidade asociativa de ámbito europeo da que forman parte institucións académicas, asociacións e gobernos rexionais e nacionais de países integrados na Unión Europea que se dedican á xestión, á promoción social e ao ensino de linguas minoritarias. Política Lingüística é membro fundador e de pleno dereito desta rede desde a súa constitución o 11 de xuño de 2008. Xunto coa representación de Galicia, participan neste proxecto asociativo os gobernos de Gales, Irlanda, Bretaña, Frisia, Escocia, Navarra, País Vasco, Estonia e Cataluña, entre outros.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación