Galicia

Galicia / cultura

A costa galega, mapa a mapa

A Cidade da Cultura acolle dende hoxe a mostra «Cartografía antiga de Galicia», un percorrido polas cartas naúticas dos séculos XVI,XVI e XVII

Día 06/04/2011

A Cidade da Cultura será a sede durante as próximas semanas da mostra «Cartografía antiga de Galicia», unha selección de mapas e cartas naúticas que datan dos séculos XVI,XVII e XVIII. A intención deste proxecto é, como comentou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, «que a xente percorra coa súa imaxinación aqueles mapas que, como dixo Otero Pedrayo, descubriron o rostro ata entón brumoso e escuro de Galicia».

Segundo Varela, os documentos expostos na Biblioteca «conseguiron mellorar a seguridade das costas, axudaron ao progreso das infraestructuras, á reorganización da administración e á propia identificación co territorio». Neste senso, o líder do departamento de Cultura recordou que «xustamente a Cidade da Cultura é unha espléndida obra de arte que ten a cartografía no seu propio ADN, porque cómpre non esquencer que estes fermosos edificios nacen dun plano, do plano do casco antigo de Santiago que Peter Eisenman tomou e superpuxo sobre o Monte Gaiás, esculpíndoo de novo e xerando esta xoia da arquitectura».

Na exposición destácase tamén o traballo de científicos galegos como o matemático Domingo Fontán, quen dedicou dezaoito anos da súa vida a percorrer a Comunidade galega a cabalo, e tamén a pé, para confeccionar a que é considerada a día de hoxe «a obra máis importante» da cartografía galega: a Carta xeométrica de Galicia, de 2,5 metros de alto por 2,25 metros de ancho. Un documento que «supuxo unha revolución no mundo da cartografía, e que situou as terras galegas ao nivel da vangarda de Europa».

Pezas «de enorme valor»

Confeccionada con fondos adquiridos pola Biblioteca da Cidade da Cultura, «Cartografía antiga de Galicia» presenta un percorrido polas cartas naúticas máis destacables arredor da xeografía galega. Unha boa mostra delo é o exemplar do primeiro mapa da Comunidade que elaborou o dominico Hernando Ojea no 1603. Este debuxo, confeccionado en México e impreso en Amberes (Bélxica) foi a primeira carta naútica na que se plasma a Galicia separadamente.

Xunto a esta obra, exponse outra peza de gran valor, as coñecidas como cartas do holandés Lucas Jans Waghenaer que a finais do século XVI foi o primeiro investigador en recopilar información e reconstruír os territorios da costa atlántica europea, desde Escadinavia ata Xibraltar. Tres deses orixinais correspóndense coa xeografía galega. O comisario desta exposición, Gonzalo Méndez Martínez, e doutor en Xeografía, centrou a súa actividade investigadora na relación medio ambiente-territorio, así como na cartografía, con especial atención á cartografía antiga sobre a que ten preto dun cento de publicacións entre as que se poden destacar diferentes textos baseados no territorio galego, como Cartografía de Galicia, 1522-1900.

Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue ABC.es Galicia en ...

Últimos vídeos

Abogados dicen que al maquinista le podrían caer 7...

Lo último...

Hemeroteca

La portada de...

Un día en tu vida:

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.