Hazte premium Hazte premium

Arranca o ciclo «Galicia classics»

Xa se coñece boa parte do calendario musical co que Cultura celebrará o 800 aniversario da Catedral de Santiago

Arranca o ciclo «Galicia classics» ABC

P. ABET

A Biblioteca da Cidade da Cultura acolleu onte a presentación da nova programación do ciclo «Galicia Classics», que este ano volta con forzas renovadas para homenaxear o 800 aniversario da consagración da Catedral de Compostela. Deste xeito, a música clásica convértese nun icono da espiritualidade e da cultura que contribuirá a dar a coñecer a Comunidade ao mundo mentras nas nosas terras recalan os mellores intérpretes do momento. Nomes como o da mezzo Elina Garanca porán cara ata o mes de novembro a un calendario amplo e plural no que terán cabida dende as músicas de cámara ata os sons sinfónicos e operísticos. Así, está previsto que Garanca e a Real Filarmonía de Galicia ofrezan baixo a batuta de Karel Mark Chichon un festival vocal con ópera e zarzuela, que incluirá seleccións de La Gioconda, La Favorita ou Carmen xunto a coñecidas romanzas do xénero lírico español.

O resto do cartel para a edición estará composto por intérpretes como o violonchelista Misha Maisky, que protagonizará en dúas únicas sesións na Igrexa de San Martiño Pinario a integral das suites para violonchelo de Bach e que Maisky xa gravara no seu momento baixo o prestixioso selo da Deutsche Grammophon. Pouco tempo despois visitará terras galegas Daniel Barenboim —«o máis afamado director de orquestra dos nosos días» en verbas do conselleiro de Cultura— que estará vinculado á capital galega a través da primeira visita que realizará a Galicia coa Staatskepelle Berlín, unha das máis antigas e prestixiosas agrupacións sinfónicas da vella Europa.

Outras das citas ineludibles nesta edición será o recital que o pianista Freedy Kempf dará o vindeiro martes día 29 no Salón Teatro. Coincidindo coa celebración dos 200 anos do nacemento de Franz Listz, Kempf inaugurará os distintos tributos que en Galicia se lle adicarán ao pai do piano moderno cun programa monográfico adicado a este compositor. A previsión incluirá algunha das súas célebres transicións sobre óperas de Mozart, Bellini, Verdi, Donizetti ou Rossini. As entradas para este primeiro recital compostelán xa están á venda, segundo informaron fontes do departamento de Cultura, na web www.caixagalicia.es ou no teléfono 9022434443. Seguindo coa estela pianística, o cubano Jorge Luis Prats interpretará na súa visita a Compostela un repertorio que reúne os «Estudos sinfónicos» de Schuman xunto coa «Fantansía» de Busoni sobre a «Carme» de Bizet. Ademáis, o artista cubano ten previsto protagonizar unha actuación xunto a Liszt. Durante a presentación da programación de onte púdose saber que o recital de Prats levarase a cabo en outono, momento no que xa estará aberto ao público o centro cultural que Novacaixagalicia porá en marcha na capital galega.

Máis adiante no tempo, a programación do Galicia Classics depara un encontro co cuarteto norteamericano Emerson, considerado como unhas das mellores formacións camerísticas do mundo. Os seus compoñentes ofrecerán en Santiago un programa baseado nos tres grandes nomes do clasicismo, Haydn, Mozart e Beethoven.

Tosar, como protagonista

Dentro do ciclo «Made in Galicia», do Classics, o Auditorio de Galicia acollerá no mes de xuño a estrea da nova produción do Centro Dramático de Arte Galego. A obra, bautizada baixo o nome de «A ópera dos tres reás» estará protagonizada polo actor Luis Tosar, gañador dun Goya. Xunto a él, o director galego Quico Cadaval converterase no responsable técnico desta nova aproximación a unha das obras mestras de toda a música do século XX. Trala súa estrea en Compostela, está previsto que a peza teatral comece a circular polos principais festivais de música españois.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación