Hazte premium Hazte premium

A Filarmónica de Moscú faise un oco no ciclo Galicia Classics

Os concertos celebraránse no Teatro Colón e no Centro Cultural Caixanova

S. C.

O ciclo de música clásica «Galicia Classics», organizado pola Xunta en colaboración con Novacaixagalicia, levará á Filarmónica de Moscú ao Teatro Colón da Coruña e ao Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo os próximos 31 do mes en curso e 1 de abril, respectivamente. A orquestra rusa, dirixida polo prestixioso director Yuri Simonov, actuará por primeira vez en Galicia no que serán os dous únicos concertos na Comunidade. As entradas para os mesmos poden adquirirse a través das webs www.caixagalicia.es e www.servinova.es.

Trala súa xira por Francia e Alemaña, a Filarmónica de Moscú chega a España para actuar na Coruña, Vigo, Madrid e Santander. Os concertos da Filarmónica, unha das máis prestixiosas agrupacións sinfónicas de Rusia, enmárcanse asemade na efeméride do Ano Dual Rusia España, sinalado deste xeito para estreitar as relacións existentes entre ambos países.

A Filarmónica de Moscú e Yuri Simonov forman parte do cartel de primeiras batutas que este ano visitarán a Comunidade da man do ciclo «Galicia Classics», e que incluirán entre outros nomes senlleiros da música de hoxe a Georges Prêtre, Daniel Barenboim, Esa-Pekka Salonen e John Eliot Gardiner, xunto aos solistas Mischa Maisky, Yefin Brofman, Thomas Hampson, Elina Garanca, Freddy Kempf ou Philippe Jaroussky.

Con máis de cincuenta anos de historia, a Filarmónica de Moscú actuou con directores como Lorin Maazel, Daniel Barenboim e Zubin Mehta, e xunto aos solistas máis reputados, de Arthur Rubinstein a Maurizo Pollini, só por citar dous exemplos dos mesmos. Todos os máis grandes artistas rusos colaboraron con este conxunto, incluído o violinista David Oistrakh. O seu neto, Valery Oistrakh, preséntase agora en Galicia para interpretar o célebre «Concerto número un para violín» de Max Bruch que, de seguro, será un novo éxito.

A Filarmónica de Moscú chega á Coruña co seu titular, Yuri Simonov, que esta tempada celebra os seus setenta anos, cincuenta deles adicados á música. Simonov foi asistente de Yevgeny Mravinski na Filarmónica de Leningrado, antes de converterse no primeiro director ruso en gañar un concurso de dirección no estranxeiro. Entre 1969 e 1985 foi director musical do Bolshoi, onde introduxo a interpretación das óperas de Wagner e foi o responsable das xiras internacionais de maior éxito deste teatro na súa era moderna.

Simonov dirixiu as principais orquestras do mundo, e é invitado para dirixir ópera en teatros como o Covent Garden de Londres ou o Metropolitan de Nova York. No prestixioso Conservatorio de Moscova, sustitui a Kirill Kondrashin, que durante algúns anos estivo tamén ligado á Filarmónica de Moscú, na cátedra de dirección orquestral.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación