Hazte premium Hazte premium

POLA LINGUA

Os «Axóuxeres» inician en Arteixo e Miño a súa nova programación

S. C.

A nova programación dos Axóuxeres iniciou onte o seu percorrido nos concellos de Arteixo e de Miño. As dúas localidades coruñesas son o punto de partida deste ano do programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca favorecer a transmisión lingüística do galego no seo da familia. Logo de percorreren os pasados meses de setembro e de outubro as sete cidades galegas no formato de festas, Os Axóuxeres retoman a edición 2010-2011 a través dos Encontros dos Axóuxeres. Ás 12.00 horas pasaron polo Centro Cívico do Froxel de Arteixo e xa pola tarde, ás seis e media, visitaron o Local Social de Xarío de Miño.

Ata o mes de marzo, continuarán o seu percorrido polas catro provincias galegas a través dos concellos de Muros, Santa Comba, Redondela, A Cañiza, Tui, Vilagarcía de Arousa, San Cibrao da Viñas, Verín, Foz e Vilalba.

Constitúen un espectáculo participativo dunha hora de duración que conxuga as cantigas tradicionais, a música, o teatro e os xogos en galego das Festas nun formato adaptado ás poboacións e espazos de localidades máis pequenas. Nos Encontros, unha nena, Eli, axuda ao seu avó, o coñecido actor Xosé Manuel Olveira Pico, a atopar o caderno no que este garda os contos, os xogos e as cantigas que o facían feliz cando era neno. Os dous contan coa axuda de Totó, o boneco protagonista, que foi aprendendo a falar nas pasadas edicións.

Traballo para a casa

Co fin de darlle continuidade aos contidos dos Encontros, a Secretaría Xeral de Política Lingüística introduciu unha importante novidade na edición 2010-2011 do programa. Trátase dos Obradoiros dos Axóuxeres, que a través de cantos de arrolo tradicionais, de técnicas de masaxes para os bebés e de xogos de iniciación buscan axudarlles aos pais e nais a crear un maior vínculo co seu fillo nesta primeira etapa e, ao mesmo tempo, favorecer a incorporación do galego á comunicación entre os bebés e as familias. Para que a actividade poida seguir na casa, a Xunta pon a disposición dos pais e nais as músicas, letras, xogos e demais materiais relacionados coas Festas dos Axóuxeres, que poden atoparse na rede, no portal da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación