Hazte premium Hazte premium

exposición

Entre a tradición e a modernidade

O espacio Moret Art propón, para comezar o ano, unha mostra fotográfica sobre a idiosincrasia galega. O seu autor é Xurxo Lobato

PATRICIA ABET

Baixo o título, «Jalisia is my country», o fotógrafo coruñés Xurxo Lobato presenta un novo traballo xornalístico no que os galegos se converten en protagonistas de excepción. Así, detalles característicos desta terra coma os panos na cabeza contrastan con imaxes menos tradicionais como a comprobación de que as últimas tendencias en moda chegan ata a romería do Corpiño. Unha visión poliédrica e diferente da Galicia do século XXI que se plasma nas 14 instantáneas que o autor recolleu ao longo do 2010 nos pobos e vilas da Comunidade.

A propósito deste proxecto expositivo, Fernando Huicia, autor do prólogo do catálogo apuntou que a mostra que acolle a coruñesa sala Moret Art constitúe «un fresco que o autor edifica mediante un artificio de doble eixo, e por medio do que desenmascaran as ensoñacións relativas a unha terra prodigiosa, supostamente anclada nos rituais e nas prácticas dunha tradición popular inmarchitable (...) e onde os rastros espectrais da Galicia eterna e a Galicia moderna se infectan mutuamente».

Os actos relixiosos e as festas e encontros populares son só algúns dos escenarios polos que este fotoxornalista pululou en busca deses xestos e miradas que máis tarde se convertirían nun proxecto expositivo centrado na realidade de Galicia. A propósito da mostra, a directora do centro Moret Art, Nuria Blanco, comentou que «Xurxo logrou sintetizar a nosa esencia en 14 imaxes que son pezas que destilan ironía e amor (...)». Destaca tamén nas instantáneas de Lobato o interese por contrastar imaxes, costumes e poses propias da tradición galega cos novos aires que trouxo o século XXI. Tradición versus modernidade, pasado fronte a futuro, os dous extremos parecen ter cabida no obxetivo deste autor.

Unha das claves da selección de imaxes realizada por Xurxo Lobato é a ironía —retranca nalgúns casos— que desprenden os momentos que inmortalizou. Moitos deles ligados coa mesma morte ou con escenarios raras veces retratados. «As imaxes reflicten o cambio —en palabras do autor— de cómo pasamos de ver a esas señoras que vestían de negro co pano na cabeza as súas netas, que van vestidas con roupa de Adolfo Domínguez ou Amancio Ortega».

Un nome referenciado

Membro da Real Academia de Belas Artes, Xurxo Lobato leva unha vida adicado á fotografía a través das súas publicacións en prensa diaria. Así, a súa obra forma parte xa das máis prestixiosas coleccións a nivel nacional e tamén internacional, coma o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, a Fundación Coca-cola ou a Xunta de Galicia. Entre os seus méritos está o ser elixido coma un dos fotógrafos contemporáneos que aparecen referenciados na obra «Historia da fotografía española» de Publio López e aparecer, tamén, no Diccionario Fotográfico de Espasa. A inauguración levarase a cabo hoxe ás 20 horas na sala Moret Art.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación