Galicia

null

Hemeroteca > 25/07/2006 > 

Xavier Alcalá asina exemplares de «Nas Catacumbas» no Festigal

ABCSANTIAGO. O escritor Xavier Alcalá é un dos protagonistas do multitudinario Festigal, encontro de ocio multidisciplinar que dende onte acolle a Universidade de Santiago. Dentro das actividades

Actualizado 25/07/2006 - 02:58:03
ABC
SANTIAGO. O escritor Xavier Alcalá é un dos protagonistas do multitudinario Festigal, encontro de ocio multidisciplinar que dende onte acolle a Universidade de Santiago. Dentro das actividades programadas pola Galería das Letras, Xavier Alcalá estará hoxe, xunto a outros autores galegos, asinando exemplares da súa derradeira novela publicada, «Nas Catacumbas», segunda parte da triloxía Evanxélica Memoria.
Ademáis, tamén participará na presentación do monográfico «Galiza global: galegos e galegas no mundo», da revista «Renova Galiza», editada polo Foro Cívico Galego de Barcelona, con motivo do 50 aniversario do Congreso da Emigración Galega, celebrado o 25 de xullo de 1956 en Buenos Aires.
No acto participan tamén: Ana Miranda, da Comisión de Emigración do BNG; Olga Nogueira, leitora de galego no Centro de Estudos Galegos de París; Hernique Abor, sindicalista, e Xavier Queipo, escritor.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.