R.S.
SANTIAGO. Unha vintena de profesionais do sector audiovisual -produtores executivos, directores financeiros, asesores xurídicos, auditores, guionistas e directores- participaron onte en A Coruña no seminario de «Especialización en dereito audiovisual para profesionais», impartido por Jose Antonio Suárez, avogado especialista en dereito audiovisual e en dereito da propiedade intelectual.
Este seminario forma parte do ciclo «Capital Humano», organizado polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración co Igape e a Obra Social de Caixa Galicia, que se extenderá ata o vindeiro mes de xullo e está estructurado en seis sesións, nas que se abordarán con carácter monográfico os temas de máis actualidade e maior interese para os recursos humanos do sector audiovisual.
O ciclo está dirixido ao colectivo de profesionais que traballan no sector audiovisual, que en Galicia supera os 2.300, e ten como obxectivo contribuir a que a industria audiovisual galega teña os profesionais máis solventes e cualificados, conformando equipos cun perfecto equilibrio entre xestores, técnicos e artistas, capaces de explotar toda a potencialidade do sector. A introducción das innovacións tecnolóxicas é, entre outros, un dos parámetros que máis demanda formativa plantexa.



