Galicia

?lvaro Mart?nez

?Chac?n y sus ?chaconistas? se consolidan como corriente cr?tica, y martirio, de Rubalcaba ...? (sigue leyendo)

Jes?s Lillo

?Lo que venden los ministros espa?oles cuando salen de gira es desesperaci?n...? (sigue leyendo)

Manuel Erice

?Espa?a est? en riesgo; Europa m?s...? (sigue leyendo)

J. Fern?ndez-Miranda

?En el PP cobra peso la idea de los recortes a la clase pol?tica...? (sigue leyendo)

Jos? Manuel Nieves

?Un grupo de investigadores de la NASA acaba de calcular c?mo se producir? exactamente...? (sigue leyendo)

Hemeroteca > 18/02/2007 > 

Medio Ambiente adica 6 millóns ó saneamento integral do Concello

ABCSANTIAGO. A Consellería de Medio Ambiente acometerá obras para o saneamento integral do municipio de Ourense por un importe de 6 millóns de euros. As obras estarán financiadas nun 70% pola

Actualizado 18/02/2007 - 02:57:02
ABC
SANTIAGO. A Consellería de Medio Ambiente acometerá obras para o saneamento integral do municipio de Ourense por un importe de 6 millóns de euros. As obras estarán financiadas nun 70% pola administración autonómica e nun 30% pola local, segundo se establece no protocolo de colaboración que asinaron o martes o conselleiro, Manuel Vázquez, e o alcalde ourensán, Enrique Nóvoa.
Manuel Vázquez e Enrique Nóvoa analizaron os proxectos que se van realizar no presente ano 2007, que contarán cun investimento de 1.515.000 euros. Estas obras consistirán no abastecemento e saneamento en Palmés e Calvelos, a renovación do alcantarillado e construcción dun depósito regulador en Velle, o abastecemento en A Bouza e Lodeiros e a ampliación da rede de saneamento en A Regata - Mende.
Centro de Interpretación
Manuel Vázquez confirmou que a cidade de Ourense albergará o Centro de Interpretación de Parques Naturais de Galicia, que vai converter á cidade «nun dos grandes referentes do país». Vázquez adiantou que «no mes de marzo» se vai presentar o anteproxecto da obra.
Pola súa parte, o rexidor ourensán, Enrique Nóvoa destacou «o bo entendemento coa Consellería» á hora de estudar estas propostas, e valorou especialmente o compromiso de crear en Ourense o Centro de Interpretación, xa que «a cidade leva feito un gran esforzo en clave medio ambiental», sinalou.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.