Galicia

?lvaro Mart?nez

?Chac?n y sus ?chaconistas? se consolidan como corriente cr?tica, y martirio, de Rubalcaba ...? (sigue leyendo)

Jes?s Lillo

?Lo que venden los ministros espa?oles cuando salen de gira es desesperaci?n...? (sigue leyendo)

Manuel Erice

?Espa?a est? en riesgo; Europa m?s...? (sigue leyendo)

J. Fern?ndez-Miranda

?En el PP cobra peso la idea de los recortes a la clase pol?tica...? (sigue leyendo)

Jos? Manuel Nieves

?Un grupo de investigadores de la NASA acaba de calcular c?mo se producir? exactamente...? (sigue leyendo)

Hemeroteca > 18/02/2007 > 

Educación aposta por impulsar a función investigadora das universidades galegas

D. G.SANTIAGO. O director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia (SUG), Rogelio Conde-Pumpido, participou nas I Xornadas dos investigadores Parga Pondal e

Actualizado 18/02/2007 - 03:00:12
ABC  Os investigadores disertaron nun foro sobre a súa situación laboral
ABC Os investigadores disertaron nun foro sobre a súa situación laboral
D. G.
SANTIAGO. O director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia (SUG), Rogelio Conde-Pumpido, participou nas I Xornadas dos investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal en Galicia, que se desenvolven no Centro de Estudos Avanzados de Santiago de Compostela. Durante a súa intervención, Conde-Pumpido anunciou o compromiso da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de cara a «consolidar e poñer en primeiro plano a función investigadora da universidade», que pasa por «incorporar ao plano de financiamento do Sistema Universitario de Galicia criterios para fomentar a intensificación da actividade investigadora, para equilibrar a carga docente e a carga investigadora das institucións universitarias, incentivando a intensificación daqueles investigadores con maior competencia e, polo tanto, xerando espazos para o desenvolvemento e a incorporación de novos investigadores».
Con esta finalidade naceu, segundo salientou Conde-Pumpido, o Programa de Incentivación da Incorporación e Intensificación da Actividade Investigadora (Programa I3), no que este ano se dobrarán as axudas e que «queremos seguir incrementando para convertelo nun programa de apoio ás universidades nesa política de integración da dedicación investigadora». «Iso nos debería permitir, e ese é o compromiso da Consellería de Educación -subliñou Conde-Pumpido-, garantir a estabilización e a incorporación paulatina dos investigadores, xerando un espazo idóneo para estabilizar unha plantilla docente-investigadora cun perfil investigador cada vez máis elevado».
O director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do SUG indicou que outra estratexia complementaria á anterior, «e na que estamos apostando fortemente», é o «desenvolvemento de novas fórmulas organizativas de investigación». Así, Rogelio Conde-Pumpido referiuse á Rede de Centros de Investigación de Excelencia que se vai crear na Comunidade galega en virtude dun convenio entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), unha acción «que nos permitirá crear un espazo atractivo e idóneo para a incorporación de investigadores de calidade xerando ámbitos de investigación que sitúen a Galicia en postos de competencia a nivel nacional e internacional no sistema de ciencia e tecnoloxía europeo».
Aposta plena
Neste senso, Conde-Pumpido destacou que «as Consellerías de Educación e de Innovación apostarán plenamente por dotar de investigadores de calidade ao cadro de persoal destes centros no seu desenvolvemento». Durante a súa intervención, o director xeral da Administración educativa autonómica salientou que «todo isto debería ir acompañado dunha evolución no ámbito das políticas de I+D, priorizando accións cada vez máis estruturais e apostando por unha política de I+D orientada a consolidar institucionalmente a investigación. Iso nos permitirá ir desenvolvendo estruturas de persoal moito máis coherentes tanto nos centros de investigación como no ámbito público e no sistema universitario», destacou Conde-Pumpido.
Así, o director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do SUG salientou que os tres eixes que permitirán «construír un contorno moito máis idóneo para o establecemento dunha carreira investigadora» son incidir sobre o plan de financiamento, o desenvolvemento de centros de investigación de excelencia, e o establecemento dunha política de I+D+i estrutural actuando sobre as institucións e organizacións de investigación.
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.