Galicia

null

Hemeroteca > 10/12/2008 > 

Juan Hernández presenta «La Europa opaca de las finanzas, y sus paraísos fiscales offshore»

D. G.SANTIAGO. «La Europa opaca de las finanzas, y sus paraísos fiscales offshore», é o título do último libro de Juan Hernández Vigueras, que presentará mañá, 11 de decembro, ás 20.00 horas nos

Actualizado 10/12/2008 - 06:32:31
«La Europa opaca de las finanzas, y sus paraísos fiscales offshore», é o título do último libro de Juan Hernández Vigueras, que presentará mañá, 11 de decembro, ás 20.00 horas nos «Encontros do Club», organizado polo Club Internacional de Prensa. na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela.
Juan Hernández Vigueras, con longa experiencia como directivo de grandes empresas e profesor universitario de postgrao, especializouse na crítica política da desregulación financeira e o fenómeno financeiro dos centros offshore ou paraísos fiscais, como autor de libros, ensaios, artigos divulgativos e conferenciante.
Vigueras formúlase unha interrogante na primeira parte deste libro: As finanzas dominan a dinámica da Unión Europea?. Precisamente é nesa parte onde mostra que certas políticas europeas amparan países e territorios catalogados pola OCDE como paraísos fiscais que, «coas súas especialidades financeiras opacas e de escasa ou nula tributación (descritas na Parte II), compiten ventaxosamente como segundos clientes da eurozona tras os EEUU».
O autor explica que «a configuración oficial da Unión como un simple espazo para os mercados financeiros mundiais, convérteo nun grande centro comercial por xunto para as entidades bancarias, aseguradoras e financeiras, domiciliadas moitas en Suíza, Jersei, as Caimán ou outros centros financeiros para non-residentes; un simple lugar por onde os capitais cruzan ás veces como pragas de lagostas, entrando e saíndo sen restricións tras devorar plusvalías bolsistas sen pagar impostos e sen ningunha supervisión comunitaria».
Para o escritor, «en consecuencia, os Estados membros da UE e as súas economías resultan cada vez máis vulnerables fronte ás finanzas globais incontroladas, como revela a crise das hipotecas subprimes xerada por Wall Street. Porque a actual institucionalización europea, ademais de acentuar a competencia entre os socios por minorar os impostos sobre o capital, xera perdas de ingresos fiscais que ameazan ao estado de benestar, reduce a capacidade para protexer aos pequenos aforradores e imposibilita o combate eficaz contra o branqueo internacional do diñeiro sucio e a corrupción inmobiliaria».
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.