ABC
SANTIAGO. Manuel Puga Pereira, director de Operacións de Astra Zéneca en España e presidente da Fundación Galicia Empresa, sustituirá a Manuela López Besteiro ao fronte do Consello Social da Universidade de Santiago segundo o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia do pasado día 29 de decembro.
Manuel Puga (Redondela, Pontevedra) é licenciado en Ciencias Biolóxicas e Farmacia pola USC e doutor en Ciencias pola mesma Universidade. Participou en numerosos cursos de especialización na industria farmacéutica e en técnicas de xestión empresarial, impartidos por ICI Training&Development Group e Zeneca Pharmaceuticals e por outras entidades internacionais de formación.
A súa vida académica comezouna no Departamento de Edafoloxía da USC e no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega). En 1981 incorporouse ao mundo industrial da man de Laboratorio Farmacéuticos ICIFarma, onde foi director de Operacións en O Porriño. É membro do Padroado de Fundación Empresa Universidade de Galicia (FEUGA) e da xunta directiva de Feique e desde 2002 ocupa a Presidencia da xunta directiva da Fundación Galicia-Empresa.
Manuel Puga colaborou tamén en diversos proxectos de investigación e ten publicados unha serie de traballos sobre temas relacionados coa súa especialización en revistas nacionais e internacionais. Forma parte da Asociación Española de Farmacéuticos da Industria e foi galardoado co Premio Federico Maciñeira que concede a Deputación Provincial de A Coruña. É ademais membro académico numerario da Academia de Farmacia de Galicia. Este é un novo paso na súa extensa traxectoria profesional.



