Galicia

null

Hemeroteca > 03/05/2009 > 

«Urbes Europeae» inicia en Santiago o análise da cidade

R. S. C.SANTIAGO. O vindeiro lunes comezará na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o VI Seminario Intensivo «Urbes Europeae» («Cidades europeas ante a globalización

Actualizado 03/05/2009 - 02:52:06
R. S. C.
SANTIAGO. O vindeiro lunes comezará na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o VI Seminario Intensivo «Urbes Europeae» («Cidades europeas ante a globalización. Identidades, hibridación e posibilidades da cultura»), un curso que pretende analizar a configuración urbana dende as perspectivas literaria, sociolóxica, xeográfica, urbana, cinematográfica e crítica. Nas charlas e seminarios, de asistencia libre, participarán escritores e académicos de España, como Darío Villanueva, Suso de Toro, Anxo Abuín, José Antonio Aldrey, Pedro de Llano, Rubén Lois, Manuel Delgado; e profesores de centros europeos, como Javier Gómez-Montero (Kiel, Alemaña), organizador do programa; Christina Bischoff (Paderborn); Jüri Talvet; Anne-Marie Autissier, ou Mireille Azzoug, entre outros. «A principal innovación na concepción do programa intensivo, di Gómez-Montero,vai máis alá da dimensión europea, tanto do tema coma dos grupos de traballo e do carácter mutidisciplinar do plantexamento».
Dende o seu comezo en outono do 2006 e no primeiro seminario celebrado en Kiel, o Programa Intensivo «Urbes Europeae», un seminario internacional para o estudo das relacións cidade-literatura e para o intercambio entre universidades europeas. Actualmente xa colaboran seis no proxecto: Christian-Albrecht Universität de Kiel; USC; Paris 8 (Francia); Tartu Ulikööl (Estonia);Universität Paderborn (Alemania), e Università degli studi di Napoli L´Orientale. Nesta nova e derradeira edición do «Urbes Europeae», que se programou con anterioridade en San Sebastián, París e Tartu, o escenario escollido é Santiago de Compostela, «a cidade de pedra e auga, peregrina por antonomasia nos dous sentidos do ir e do vir polos camiños de Europa e da súa cultura».
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.