Hazte premium Hazte premium

Letras galegas

Casares: ese escritor con ollar de neno

Novelista, articulista e tradutor, sempre tivo presente o valor da literatura infantil

Casares en una imagen cedida por la fundación que lleva el nombre del autor CEDIDA

P. ABET

Kristina Berg, a viúva de Carlos Casares , sinalou nunha columna publicada en ABC Galicia coincidindo co décimo aniversario da desaparición do autor, que o pai de Ilustrísima sempre mantivo que «a vida das persoas é o resultado dunha serie de casualidades que de xeito inexorable condicionan a nosa liberdade de elección». Pode que Carlos Casares nunca escollera dedicarse á escritura e que fosen as circunstancias da súa infancia en Xinzo de Limia as que lle abrisen os ollos ante unha vocación que acabou guiando a súa vida.

O primeiro contacto cos libros do escritor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas tivo como escenario o Seminario de Ourense, onde Casares descobre aos clásicos e redacta as súas primeiras e prematuras liñas . Pouco tempo despois chegarían os primeiros recoñecementos, anticipo do que sería a súa carreira como home de letras. Deses contos infantís que sempre estiveron presentes, o ourensán dá o salto ás tertulias literarias da época e, delas, a Compostela, onde estudaría Filosofía e Letras.

Primeiros pasos

A primeira publicación de Carlos Casares, Vento ferido, data de 1967 e recolle unha serie de relatos sobre a violencia e a experimentación. Ao ano seguinte, o escritor foi premiado de novo por A Galiña azul, unha obra pioneira na literatura infantil. Detrás dela chegarían outros referentes para as letras minúsculas como a peza teatral As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Porque non cabe dúbida de que a evolución de Casares como literato estivo marcada en boa medida pola complicidade que soubo encetar cos milleiros de rapaces que, de xeración en xeración, leron os seus relatos.

Tras unha breve etapa como docente dunha escola de Viana do Bolo, o ourensán múdase a Bilbao e escribe Xoguetes para un tempo perdido, un libro que lle valería o Premio da Crítica Española en 1976. A estas alturas da súa vida —e aínda que con so 35 anos— Casares xa tocara ás portas dese reducido clube de escritores chamados a marcar o paso do que foi a narrativa galega do século XX e ingresa na Real Academia Galega co seu traballo «O desastre de 1898 e os escritores galegos». Coa chegada dos anos 80 o escritor inaugura unha prolífera década na que dará forma a unha das súas producións máis recoñecidas, Ilustrísima.

De xeito paralelo á súa carreira literaria, Casares convértese no 1981 en deputado do Parlamento de Galicia integrando como galeguista independente nas listas do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense. No 1985, toma o mando da editorial Galaxia, cargo que ocupará ata a súa morte en 2002. Nos anos seguintes, o neno de Xinzo publicou a novela Os mortos daquel verán e Deus sentado nun sillón azul. Entremedias e compaxinando a escritura coa publicación diaria de artigos en prensa, Casares convírtese en presidente do Consello da Cultura Galega e afiánzase coma un referente das letras galegas. A súa derradeira novela, O sol do verán, saíu á luz postumamente e puxo punto e final a unha nutrida produción que marcou o vieiro a seguir para moitos autores futuros.

Casares tradutor

Cun posto de honra entre os narradores galegos do século pasado, poucos lectores vencellan a Casares con títulos tan emblemáticos como O principiño de Saint-Exupéry (tradución ao galego en 1983); Os escaravellos voan á tardiña de María Gripe (en 1985) e O vello e o mar (1998) de Hemingway. Todas elas son referentes da literatura universal que deron o salto ao galego gracias á faceta de tradutor de Casares. Amante dos xoguetes en miniatura e das maquetas, a ligazón do autor co mundo infantil sempre se mantivo intacta, e aqueles que compartiron con Casares os últimos anos da súa vida recoñecen que «vivía experimentando a alegría dos nenos, mesmo cando o sol anunciaba a chegada inmediata do verán». Un ollar que hoxe en día manteno como unha icona para ese difícil público polo que non pasan os anos.

Coa celebración do Día das Letras Galegas, a figura de Carlos Casares (1941-2002) emerxe de novo para retomar esa conversa de home que «sabía gozar con todas as cousas do mundo».

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación