Hazte premium Hazte premium

LETRAS

Galicia acóllese á idea de Paz Andrade de «o país como tarefa»

Núñez Feijóo defende a herencia do escritor co gallo da presentación do seu libro

C. PICHEL

Co gallo do Día Internacional do Libro e como recoñecemento á obra de Valentín Paz Andrade —escritor galego ao que este ano se lle dedican as Letras Galegas—, varias autoridades da Xunta acudiron onte a Vigo para asistir á presentación do libro que recolle a obra do escritor, «Galicia como tarefa». O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a oportunidade para reivindicar o papel da cultura «nun momento no que puideran parecer preponderantes prioridades máis materiais», señalou Feijóo.

Neste senso, e dada a difícil situación que está vivindo o país en xeral, a cultura necesita «revisar» os códigos económicos e sociais e «iniciar o rexurdimento». Para iso, optou por acollerse á idea de Paz Andrade para que todo o mundo apoie a idea «revolucionaria e imprescindible de Galicia como tarefa», remarcou. «E dígolles, como presidente da Xunta, que é a miña única tarefa», sentenciou ao fío da obra do escritor. O xefe de filas do Partido Popular recordou tamén o traballo que Paz Andrade fixo a prol de Galicia e do idioma, un traballo que nestes «tempos turbulentos» se fai notar, posto que a Comunidade galega estaría «máis insegura» sen as aportacións do escritor.

Porque Paz Andrade sempre fixo de Galicia un «estímulo permanente», traballando con ela e para ela e comprendendo a «forza cultural e histórica da Comunidade e cuxa forza o moveu a levantar grandes obras», apuntou Feijóo. A xuizo do presidente da Xunta, o papel que xoga o colectivo da industria cultural tamén «constrúe e reconstrúe o país», abrindo a posibilidade á cultura de que poida ser unha vía máis para intentar saír da crise.

Na presentación do libro tamén estivo o seu fillo, Alfonso Paz Andrade, quen recordou que este día o seu pai estaría de aniversario. Destacou tamén que tiveron que pasar «26 anos» da morte de seu pai e «máis dun século» do seu nacemento para que a sociedade o recorde, pois «moitos decidiron esquecelo antes de estudalo», declarou.

Libro singular e pioneiro

Por outro lado, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, destacou que «Galicia como tarefa» —escrito cando Andrade xa tiña 60 anos— é un libro «singular e pioneiro», pois realizouse nun contexto difícil e nel apóstase por unha «nova interpretación de Galicia» frente a outras que o autor consideraba que xa estaban caducas. O acto, que tamén contou coa participación do presidente da Real Academia Galega, José Luis Méndez Ferrín, estivo amenizado pola actuación dun grupo que cantou dous poemas musicados do escritor. Ferrín quixo recordar a figura de Paz Andrade como unha «figura colosal», na que se podía atopar o «auténtico viguismo, non só de superficie», sentenciou.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación