Hazte premium Hazte premium

mostra fotográfica

Vari Caramés e a súa gama de cores

Unha exposición antolóxica itinerante mostra as imaxes do fotógrafo galego en diferentes cidades de España

C. PICHEL

Baixo o nome de «Vari Caramés. Ritmo Mareiro. 1890-2012», a sociedade anónima Xestión do Plan Xacobeo, en colaboración co concello da Coruña, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester e a Sala Rekalde de Bilbao, están levando a cabo unha exposición antolóxica itinerante das fotografías do artista galego por diferentes cidades españolas. A mostra, inaugurada esta pasada fin de semana na sala de Bilbao, permanecerá aberta ao público ata o 8 de xullo, para posteriormente trasladarse ao Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo (MEIAC) de Badaxoz.

Ademais, pero xa para o próximo ano, a exposición ten previsto chegar á Coruña en febreiro de 2013 —no Kiosko Alfonso—, á Fundación Fotocolectania de Barcelona e ao Museo de Teruel. En concreto, trátase dunha cesión temporal de 23 fotografías pertencentes á colección privada, propiedade S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, que leva por nome «Camiño de Santiago. Luz e vida», nas cales se repasa o arquivo fotográfico do autor de Ferrol de xeito cronolóxico.

Desta maneira, o primeiro grupo de fotografías corresponde aos primeiros anos do artista, todas elas en branco e negro, crónica da vida dos anos 80. Pouco a pouco, o fotógrafo foi virando a tonalidades máis sepias, intentando buscar unha idea de atemporalidade con obras moi coñecidas como «A movida viguesa», «Castelos de Galicia», «Coruña By Night», «Compostela» ou «Visión animal».

Xa a segunda etapa do artista ferrolán, isto é, a partir dos anos 90, mostra unha serie de imaxes nunha alta gama de cores, que tamén lle axudaron a seguir ganando o recoñecemento do público. Obras como «Miraxes», «Tránsito», «Escenarios», «Recreo» e «Nadar» son só algúns dos títulos máis representativos do fotógrafo. Pero ademais, a exposición intercala unha serie de imaxes soltas non incluídas en ningún álbum concreto, xa que son «versos soltos», como afirmou o propio Vari Caramés.

Particular túnel do tempo

«Estou inmerso no meu túnel do tempo, e remexendo entre centos de negativos do meu arquivo reencóntrome con novas sensacións, novas imaxes, sen tempo, sen presas, imaxes que me contan ao oído cousas en volume baixo e alta fidelidade». Así describía o propio Caramés o seu xeito de traballar, nun texto que abría o catálogo da súa exposición individual no CGAC no 2001.

Deste xeito, esta exposición segue resaltando a súa maneira de facer as cousas, cunha «naturalidade extrema, próxima á nudez: fotografía como se pasease ao lado, como se estivese a punto de irse, como se todo fose un pouco casual, como se o fixera outro e el actuase de testemuña», explicou o comisario da mostra, Miguel Fernández Cid. Con esta exposición itinerante, o estilo de Vari Caramés proxectarase por todo o territorio español, un estilo que Cid define: «En Vari Caramés o aire xeral é o da evocación, o da atemporalidade, o da visión cálida, o do recordo, o do relato aberto sempre ao misterio».

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación