Hazte premium Hazte premium

BREVES DE ACTUALIDADE

Casares Long (USC): «A miña imputación foi un erro lamentable»

O reitor da Universidade de Santiago valoraba onte así o sobreseimento da causa na que estaba imputado, e que non dudou en describir como «un error lamentable que, como se demostrou, non tiña ningún fundamento». Sobre o caso, Casares lamentou que «calquer persoa poida ser acusada de calquer cousa». En declaracións aos medios durante a entrega de premios do Concurso de Proxectos Empresariales Innovadores da USC, Long explicou que «a primeira frase do auto do xuíz di que ese procedemento —o reitor foi denunciado pola contratación supostamente irregular dunha traballadora— nunca tivo que terse incoado». A modo de corolario, o catedrático matizou que o acontecido «tamén ten que ser unha mostra de que iso non pode ocurrir, e menos de xeito gratuíto». Para Casares, circunstancias deste tipo «manchan e desprestixian á institución e o bo nome das persoas». Doutra banda, o rector xustificou a petición para que se reduzan as plazas que oferta anualmente a Facultade de Medicina en que «se xera xente que non ten capacidade de traballar».

Falece unha moza de 28 anos nun accidente en Salvaterra

Unha muller de 28 anos de idade resultou falecida na localidade pontevedresa de Salvaterra do Miño, nun accidente de tráfico no que se viron afectados dous vehículos. Foi un particular o que alertou de que a muller podería estar atrapada no interior do coche á Garda Civil de Tráfico e ao 061-Urxencias Médicas. Segundo detallaron os axentes, os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 11 da estrada PO-510, que comunica a localidade de O Porriño con Salvaterra. Os Bombeiros abriron o habitáculo do coche para excarcerar a muller pero unicamente puideron comprobar o seu falecemento.

600.000

A Xunta investirá 600.000 euros para acadar unha solución que garanta a seguridade da poboación en caso de desbordamentos dos ríos Sobral e Viladesuso, no municipio de Oia. Estas zonas xa sufriron este tipo de episodios tras os incendios de 2006 e o pasado outubro, debido ás intensas chuvias. O director de Augas de Galicia presentoulle a iniciativa aos veciños e avanzoulles que a redacción do proxecto comezará de inmediato. Os incendios acontecidos en 2006 converteron os ríos en torrenciais.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación