En Vídeo
En imágenes
Farao con seis salas de exposicións que xa están preparadasMáis de 1.400 pezas compoñen a colección do espazo museístico
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnolixía (Muncyt) inaugurarase despois da primeira semana de abril, en declaracións do seu director, Ramón Núñez, a este diario. Así, e a falta de coñecer a data exacta, Núñez adiantou que a esperada apertura terá lugar «en primavera, probablemente pasada a Semana Santa, pero aínda non temos o día». Con ela, porase punto e final a unha espera que comezou fai meses cando a primeira inauguración, fixada para o 17 de novembro de 2011, se veu abaixo por coincidir coa campaña electoral.
Os meses seguintes foron aproveitados polos traballadores do museo para ultimar as exposicións que comporán a oferta cultural do centro, que a día de hoxe «está casi rematado». «A verdade é que o resultado é moi positivo. A estas alturas temos todo listo excepto unha sala na que estamos traballando pero que se abrirá pasada a inaguración», confesaba Núñez nunha conversa con ABC. En total, serán seis os espazos expositivos que dende esta primavera quedarán a disposición dos visitantes, ademáis doutras instalacións que conforman o Muncyt da Coruña, como o auditorio ou a sala de Picnic.
Cinco mil metros cadrados
De titularidade estatal, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía nace cunha vocación provocadora e rupturista, a de «acabar coa cultura do monumento». Así, e en palabras do seu director —un experto no que se museoloxía científica se refire— «nos nosos días non se pode dicir iso de este museo xa o vin». «Por eso aquí apostamos por renovar as pezas expostas, para poñelas en valor e para darlle á xente un motivo para volver», di.
Con arredor de cinco mil metros cadrados repartidos en nove plantas, o Muncyt aspira a ser un centro de referencia a nivel nacional e tamén internacional. Na súa filosofía de partida, un principio inamovible: «Sen ciencia non hai cultura, pero a cultura sen ciencia é imposible». En breve, na cidade herculina.




