En Vídeo
En imágenes
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza inaugurou onte en Vigo a mostra fotográfica «Prioridade 1». Ata finais de mes
VIGO
A cidade olívica acolleu onte a presentación do proxecto «Prioridade 1», que recolle as mellores imaxes presentadas ao certame de Fotografía Inclusiva organizado pola entidade. Todas as instantáneas que compoñen esta mostra en favor dos colectivos máis desfavorecidos comparten un mesmo denominador común: as ganas de chamar a atención da cidadanía sobre o día a día da pobreza e a exclusión, a pé de rúa. Para iso, os artistas participantes na iniciativa botan man de imaxes que reflicten a realidade de personas en risco de exclusión social, dándolles visibilidade en entornos aos que, ata o de agora, nunca tiveran acceso.
Proba da forza dos contidos que comparten as imaxes que compoñen a mostra son os títulos cos que os seus autores as bautizaron, certeiros e directos. Así, o público que visite a sala da Delegación Territorial da Xunta en Vigo contemplará pezas como «Voume se non che gusta a miña cara», de Lucy Branco; «Necesidade para comer», de Sandra Cristina Surreira ou «Ocupación rota», de Elisabeht Rodríguez. En total, son corenta os traballos que conforman o proxecto «Prioridade 1», que poderá verse na cidade olívica dende hoxe e ata o próximo 28 de febreiro tralo seu paso por Santiago e A Coruña.




