Galicia

Galicia / arte

Arte e bioloxía danse a man para entreter aos máis cativos

Compartir

O Centro Social Novacaixagalicia de Vigo propón «Coordenadas na arte galega», un extenso programa didáctico no que os nenos poderán descubrir os segredos que agochan mares, montes e campiñas, con ollos de artista

Día 05/02/2012

Dende o 8 de febreiro, o Centro Social Novacaixagalicia de Vigo acolle a mostra permanente «Coordenadas na arte galega contemporánea», unha selección de diferentes artistas, xéneros e técnicas,en torno á que se xera un extenso programa didáctico para alumnos de Infantil, Primaria e E.S.O. Unha divertida excursión polos catro bloques temáticos dos que se compón a mostra, reinterpretando Galicia a través do mar, a terra, o home e a súa relación con el.

O Mar

«Unha balea nadando nos nosos mares». Este personaxe fantástico introducirá aos nenos no fascinante mundo do mar. Coñecerán a relación do home co medio mariño e as variadas interpretacións plásticas dos artistas galegos. Un obradoiro apaixonante completará esta divertida excursión acuática. Xa en «Compás para navegantes», os participantes navegarán nun océano de pinturas e esculturas de identidade xenuinamente galega para converterse en artistas do mar.

Verde País

En «Un bo día nos Eidos de Rosalía», a escritora galega será a mestra de cerimonias nunha viaxe pola Galicia verde. Os máis pequenos aprenderán a apreciar e coidar o medio natural nun obradoiro onde todo se recicla e nada é o que parece. En «Da construción á destrución», a lousa, o granito ou a madeira, a xeoloxía e topografía de Galicia serán a fonte de inspiración. Os cativos moveranse entre a interpretación plástica da natureza e a destrución dos ecosistemas.

Inquedanzas

En «As mensaxes escondidas das obras de arte. E se puideran pintarse as paixóns?. E dar forma ás sensacións?», os artistas da expresión afástanse do real para demostrarlles que si se pode dar forma aos sentimentos. Mentres, en «Pechando os ollos para poder pintar», transitarán ao mundo dos sentimentos e ás sensacións, coñecerán de preto a vangarda das expresións, seguindo as pegadas daqueles que entenderon a arte desde moitas e moi diferentes perspectivas.

Escenarios

«A volta ao mundo en 11 cadros», supón un percorrido por diferentes lugares do mundo da man dos artistas máis famosos. «Do Cairo a Nova York pasando por Siena», ofrece un mapa de obras de arte como punto de partida desta actividade a través dos lugares escollidos polos artistas galegos.

Outros Obradoiros

«Naturezas vivas, naturezas imaxinadas». É un singular obradoiro que tamén forma parte de «Coordenadas na arte galega contemporánea», donde se conxugan dúas disciplinas ben diferenciadas. A Colección de Arte Novacaixagalicia e o Museo Interactivo Naturnova fan posible unha nova ollada na que a arte e a bioloxía se dan a man para crear uns obradoiros nos que os nenos descubren os mares, montes e campiñas, con ollos de artista.

  • Compartir

publicidad
Últimos vídeos

Ángeles Pedraza continuará luchando contra ETA

Lo último...

Hemeroteca

La portada de...

Un día en tu vida:

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.