premio
Moncho Paz, gañador do Xoán Carballeira de xornalismo
O xurado concédelle a súa oitava edición por unha entrevista ao escritor Ramón Chao
O xurado do VIII Premio de Xornalismo Xoán Carballeira, constituído por Carmen Novas Ferradás, Manuel Antón Mosteiro García e Oscar Iglesias Arauxo, reuniuse onte para conceder ao xornalista e escritor Ramón Paz, coñecido no edio da comunicación como Moncho Paz, o VIII Premio Xoán Carballeira de Xornalismo. A concesión do galardón, no que actuou como secretario e en representación do Concello de Bueu Xabier Framil Barreiro, recaeu por unanimidade sobre o traballo de Paz titulardo «Entrei en Radio France porque falaba galego».
O artigo de Paz é unha entrevista ao tamén xornalista e escritor Ramón Chao, que se que se caracteriza «por fuxir dos tópicos e amosa unha boa documentación previa por parte do autor», segundo o xurado do certame. Na xustificación da resolución, os membros do comité destacan que «os diferentes aspectos tratados flúen sen rupturas e introducindo ao lector en diferentes aspectos da vida e obra do entrevistado». «Partindo dun tema de actualidade como é a presentación da obra “Prisciliano en Compostela”, intercala momentos do pasado e do presente de Ramón Chao» e «consegue conxugar a necesaria distancia xornalística e o achegamento ao personaxe», explican no dictame.
Paz (Santiago de Compostela, 1970) é licenciado en Ciencias da Comunicación, na rama de Xornalismo, pola Universidade Complutense de Madrid, e é mebro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Na súa traxectoria, especializouse en Comunicación Corporativa e en Xestión Empresarial.
Como xornalista, a súa andaina profesional comezou no ano 1988, no xornal «El Progreso», en Lugo. Ten participado no equipo de de redacción de «Código Cero, Revista de Noticias Tecnológicas de Galicia». É membro da Asociación de Periodistas de Galicia (APG), da Asociación de Directivos de Comunicación (DirCom), do Club de Expertos Euro de la Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e do Instituto de Estudios Chairegos (Vilalba, Lugo). Tamén foi director da revista «Petroglifo» e responsable de prensa da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia. Desde o ano 1996, Paz desempeña o cargo de consultor de comunicación na empresa multinacional de servicios profesionais de enxeñería, arquitectura e consultoría Idom.
Entre as publicacións máis destacadas do autor figuran, entre outras, «Destino: Mozambique», unha reportaxe realizaza para o diario «El Progreso»; «Cela, Periodista», prólogo ao poemario «Loita de silencio», de Xosé Miguel Barrera; «El Progreso, diario de Lugo y su provincia», un estudio publicado na revista «Lucensia»; e «La Obra poética de Antonio García Hermida», peza incluída no libro «Os poetas de Villalba». Da súa man apareceron tamén numerosos artigos sobre comunicación e xestión empresarial. Paz é columnista e analista da actualidade en diferentes medios de comunicación.
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete