Hazte premium Hazte premium

Pete Doherty abrirá o ciclo de concertos «Galicia Importa 2011»

O groso do cartel, que promete sorpresas, darase a coñecer nas próximas semanas

P. ABET

O músico británico Pete Doherty será o encargado de dar o pistoletazo de saída á nova edición do ciclo «Galicia Importa 2011», herdeiro do «Xacobeo Importa» que o pasado ano trouxo á Comunidade galega 13 actuacións de artistas recoñecidos a nivel internacional, como Alice Cooper, Joan Baez ou Interpol. Coa nova entrega, as salas galegas acollerán «aos músicos máis recoñecidos e vangardistas do panorama internacional», tal e como manifestou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, durante a presentación do ciclo.

Así, a primeira entrega deste ano completarase coa actuación de Jay Jay Johanson e Mathew Stephen Ward. Deste xeito, os organizadores buscan dar relevancia ao Ano da Música 2011, potenciando un sector estratéxico na Comunidade. «Galicia Importa simboliza o esforzo da Xunta por dar continuidade á programación cultural máis salientable do Xacobeo, por apoiar as actuacións en directo e por conseguir que a nosa terra siga a ser un dos centros de referencia das manifestacións artísticas máis actuais», indicou no transcurso da roda de prensa o titular do departamento de Cultura.

No que respecta ao resto de nomes que irán conformando o cartel desta edición, dende a consellería de Cultura adiantaron que «será tan variado e ambicioso como o do ano pasado» e «irá completándose con moitas sorpresas que desvelaremos pouco a pouco». Asimesmo, onte anunciouse que o prezo das entradas para estes concertos será sustancialmente máis barato que o dos pases tradicionais, nun intento por facilitar «que a música en vivo chegue aos milleiros de seguidores cos que conta en Galicia». Como referencia para este ano quedan os once mil espectadores que disfrutaron durante o pasado Xacobeo dalgunha destas actuacións. A maioría delas colgaron o cartel de «non hai entradas». As deste ano xa están á venda. Máis información na web www.xacobeo.es.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación