Galicia

Galicia

Cunqueiro: en Lugo, sobre Lugo

A editorial Alvarellos recupera os textos do escritor sobre a cidade da Muralla, á que chegaba hai 90 anos

Día 10/02/2011

«Lugo a la vez próxima y lejana, colina, soledad, tiempo y plaza, como aposentada en la imaginación y en el recuerdo, más de un día hecha harina de verso y carne de nostalgia. Como todo un gran muro para que la hiedra florezca, diez arcos de puerta asomando su cintura... Quizás lo mejor que yo pudiera decirle a la ciudad de mi adolescencia fuese un largo y oscuro poema, una apasionada ensoñación en quaderna via, en la que rebosarían, al igual que el agua rebosa de un vaso, todos los inciertos motivos que construyen en el hombre la edad moza y fugitiva». Neste artigo, publicado orixinalmente no diario Faro de Vigo o 31 de maio de 1952, e posteriormente recollido en «El pasajero en Galicia», o escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro (1911-1981) escribe sobre a cidade que probablemente en maior medida marcou a súa vida, Lugo, á que se trasladaba no ano 1921 para iniciar finalizar o Bacharelato no colexio dos Maristas e, máis tarde, no Instituto General y Técnico da Rúa San Marcos.

Noventa anos despois da súa chegada á cidade da Muralla, a editorial Alvarellos recupera, na súa Colección Rescate, 24 textos en prosa nos que Cunqueiro «se deixa seducir pola historia bimilenaria desta urbe, percorre os seus espazos máis amenos ou evoca personaxes queridos como o trovador Esquío, o poeta Luís Pimentel ou o autor de relatos ánxel Fole». O volume, titulado «Viaje a Lugo. Páginas sobre la ciudad», ábrese cun estudo de María Xesús Nogueira, especialista no polígrafo galego. Entre as meirandes aportacións do libro está a inclusión dun discurso, «moi pouco difundido ata hoxe», pronunciado polo propio Cunqueiro na celebración da apertura do bimilenario da cidade, o 29 de outubro de 1975. Entón, acuñaba para Lugo o sobrenome de «a Roma do Finisterre».

O óleo «A miña muralla», do pintor lugués Xesús Blas, e fotografías do Fondo Vega acompañan aos textos na composición de «Viaje a Lugo», que hoxe será presentado na Galería Sargadelos da cidade polo propio fillo do escritor, César Cunqueiro; a prologuista, María Xesús Nogueira, e responsables da editorial.

Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue ABC.es Galicia en ...

Últimos vídeos

Abogados dicen que al maquinista le podrían caer 7...

Lo último...

Hemeroteca

La portada de...

Un día en tu vida:

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.