Hazte premium Hazte premium

Luz, cor e son ao pé da Catedral

Os integrantes de Lamatumbá foron os encargados de animar a festa despois dos fogos de artificio

D. S. C.

Onte os composteláns, visitantes, peregrinos e turistas dirixiron a súa vista ao ceo para poder contemplar un dos espectáculos de fogos de artificio máis espectaculares de Europa e, mesmo, do mundo. Foi a partir das 23:30 no Obradoiro, praza que se quedou pequena para poder albergar a toda a xente que estes días festivos visita a cidade. O casco histórico superou por moito ás 100.000 persoas durante unha noite máxica. Antes da medianoite a praza do Obradoiro de Santiago de Compostela quedou iluminada polo grandioso espectáculo da pirotecnia valenciana Caballer. Máis de 5.000 artificios e 25.000 efectos pirotécnicos conformaron a exhibición de luz e son que se estendeu durante 31 minutos.

Como novidade este ano, a pirotecnia tamén lanzou os fogos de altura desde a horta do mosteiro de San Martín Pinario para ofrecer unha maior visión aos presentes no Obradoiro e ao resto de persoas que agardaban en diversos puntos da cidade para gozar co espectáculo. Dende os puntos de visión estratéxicos, como o Pedroso, a Alameda, a zona presidencial de Monte Pío ou o Monte de Dios (Vite), todos os presentes puideron disfrutar do momento álxido das Festas. Outro dos puntos a destacar, será que haberá réplicas dos fogos durante toda a semana no Obradoiro.

Se ben, moito quedaba aínda por diante, porque unha vez finalizaron os fogos continúo o xolgorio. O grupo ourensá Lamatumbá trouxo os seus ritmos festeiros e bailables á praza da Quintana co seu último traballo discográfico «A órbita da banda hipnótic», un proxecto ambicioso que segue a estela dos anteriores baseado fundamentalmente na fusión do ska e o reggae. Pero se algo caracteriza as actuacións de Lamatumbá son as altas doses de enerxía, forza e optimismo que desprenden enriba do escenario conseguindo animar a toda clase de público. O popular «Licor café» e «Dolores» tamén soaron con poderío.

A quenda do blues chegou da man de Víctor Aneiros, quen estivo en concerto noutra das prazas emblemáticas do casco histórico compostelán, o Toural, presentando «Brétemas da memoria» (quinto traballo), dedicado en gran parte á obra de Ramiro, adaptando sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta. Aneiros está considerado como un dos pioneiros do blues-rock en galego. A orquestra Gran Canaria foi a encargada de poner o broche de ouro a unha grande festa como antesala do Día da Patria.

Día do Apóstolo, 25 de xullo

A xornada de hoxe comezará coa tradicional Ofrenda ao Apóstolo Santiago na Catedral e a procesión do padroado. Será ás dez da mañá. Xa a partir das doce e media do mediodía as rúas da cidade contarán con cabezudos e grupos de gaiteiros que animarán coa súa presenza aos viandantes.

Xa pola noite, a partir das 22:00 horas comezará o Compostela Festival na Quintana, o cal contará coa actuación de Milladoiro, un dos grupos galegos con maior proxección internacional. Fai parada en Compostela nun día tan especial como o de mañá, continuando a xira conmemorativa dos 30 anos da publicación do seu primeiro disco, «A Galicia de Maeloc» (1979). Este foi o disco debut de Milladoiro no que deron a coñecer o seu estilo persoal e no que se empregou, por vez primeira, de forma conxunta a gaita galega, ocarina, zanfona, harpa, clavelín, frautas, etc. Foi o primeiro disco galego que se editou no mercado francés. Desde a súa fundación no ano 1979, Milladoiro percorreu coa súa música escenarios de practicamente todo o mundo.

Na Alameda haberá actuación da orquestra Charleston, mentres que no Toural, a partir das 24:00 horas, a S.E.M Big Band dará un concerto coas súas pezas musicais. A Big Band é unha orquesta galega de música moderna onde se abarcan moi diversos estilos: jazz, latin, fusión, (...).

SANTIAGO

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación