Domingo , 24-01-10
O portal de internet galiciavensientela.com, creado pola Consellería de Cultura e Turismo a través de Turgalicia para a promoción virtual de Galicia en Fitur, recibiu ata onte, e desde o pasado día 19 de xaneiro, máis de 91.000 solicitudes de acceso de internautas interesados en coñecer a oferta turística galega presente neste certame turístico. Este sitio web, que está deseñado nos idiomas galego, español e inglés, para facer accesibles os seus contidos a internautas, conta con información de toda a oferta turística galega en distintos formatos, permite descargar diferentes contidos audiovisuais, imaxes e textos dixitalizados sobre Galicia, ademais de ofrecer en directo, vía TV, as distintas actividades, visitas institucionais e presentacións que teñen lugar ao stand de Galicia en Fitur.
A web púxose en servizo como instrumento para que todos aqueles que gozan de acceso a internet puidesen seguir ao día as distintas actividades que se desenvolven no recinto institucional de Galicia en Fitur, e ter un cómodo acceso aos produtos e destinos que promociona Galicia nesta feira. A través deste sitio web, os internautas tamén poden interacturar realizando fotomontaxes caracterizados de peregrinos que se descargan para imprimir ou enviar a través da internet.
Accesos
A páxina web galiciavensientela.com rexistrou o pico máximo de accesos o día 22 de xaneiro con 17.401 solicitudes de acceso procedentes fundamentalmente de España, Alemaña e Dinamarca. Este día rexistrouse unha transferencia de 6,71 xigabites de visualización de contido do portal. Así, só en vídeo, esta web xerou ata hoxe 120 xigabites.
Ata hoxe, os internautas visionaron 10.400 vídeos e a presentación do Xacobeo 2010 que levou a cabo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo foi visto por 4.200 persoas. Por outra parte, a meirande afluencia de accesos a este sitio web estase a rexistrar desde a propia páxina web de Turgalicia (turgalicia.es) que exhibe na súa home un amplo banner de acceso.
A páxina máis vista deste portal de internet está a ser a relacionada coas retransmisións por TV en directo das actividades que se desenvolven no recinto galego, así como a consulta do programa de actos e a descarga e visualización dos contidos dixitalizados de promoción de Galicia e o resto dos coexpositores. Estes contidos están dispoñibles na páxina web para a súa consulta e descarga en distintos formatos.
Os contidos da páxina web do Turismo de Galicia en Fitur serán gravados e poderán ser descargados durante os vindeiros días e empregarse para reforzar a promoción dos coexpositores presentes nesta edición de Fitur con Turgalicia. A web estará activa ata o fin da feira, pero os seus contidos máis xerais manteranse activos a través de www.turgalicia.es.

Enviar a:

¿qué es esto?


Más noticias sobre...
Facebook ABC.es