Valoración:
Sábado , 16-01-10
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, destacou onte o esforzo que está a realizar o Goberno galego, conxuntamente co Goberno central, para que o proceso de apagado analóxico que empeza o vindeiro luns sexa unha realidade sen trastornos para a poboación.
Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, na que tamén participaron o subdirector xeral de Enxeñaría e Planificación de Telecomunicación, Radio, Televisión e Multimedia da Xunta, Ignacio Otero; e o director técnico de Retegal, Joaquín Alonso, Cabaleiro explicou que o vindeiro luns comezará a aplicarse en Galicia o apagado analóxico da primeira (Ourense Leste e Santiago) e segunda fase (Meda e Ares).
O proceso beneficiará, explicou, a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aínda que tamén a algúns municipios das provincias de Lugo e Pontevedra.
Este primeiro proceso de apagado analóxico farase de xeito gradual, desde o vindeiro 18 de xaneiro ata o 1 de febreirose detallan as datas de apagamento nas distintas áreas técnicas das fases I e II). Máis adiante, incidiu Cabaleiro, continuarase co apagado das zonas do Páramo e Domaio, correspondentes á fase III, que beneficiará aos concellos de Pontevedra e Lugo, aínda que tamén a algúns municipios das provincias da Coruña e Pontevedra. O obxectivo, lembrou o secretario xeral de Medios, é que o próximo 3 de abril estea totalmente rematado este proceso de apagado analóxico.
Cabaleiro subliñou que o Goberno galego intensificou o servizo de atención telefónica sobre a TDT co obxectivo de dar unha resposta máis áxil ás posibles dúbidas que lle poidan xurdir sobre este proceso aos cidadáns. A Xunta ampliou o servizo de información cidadá, a través do servizo telefónico 012, para atender todas as consultas relativas ao proceso de apagado analóxico.
Este novo número vense sumar ao xa existente da Oficina Técnica da TDT, con varias liñas, polo que todos aqueles cidadáns que requiran información poderán facelo a través do 012 como do 981 572 154. Ademais, poderán obter máis información a través da páxina web www.tdtgalicia.es ou do teléfono de atención ao usuario de Retegal, que é o 901 333 111.
Comparecencia en O Hórreo
O secretario xeral de Medios tamén lembrou que xa solicitou a comparecencia urxente ante a Comisión Institucional, da Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento Parlamento galego para informar sobre este proceso de apagado analóxico. Será a súa segunda intervención na Cámara para explicar o proceso de implantación, logo da xa realizada en xuño.
Valoración:

Enviar a:

¿qué es esto?


Más noticias sobre...
Facebook ABC.es
ABC.es on Facebook