Publicado Actualizado lunes , 11-1-2010 a las 02:57:46
E. P. G.
A CORUÑA. A asociación Dereito a Morrer Dignamente en Galicia homenaxeou onte a Ramón Sampedro na praia das Furnas, en Porto do Son (A Coruña), cunha ofrenda floral e unha lectura de poemas que correu a cargo de representantes desta entidade chegados dende o País Vasco e tamén Cataluña, así como por familiares de Sampedro.
No turno de declaracións, o presidente da asociación, Elías Pérez, explicou que nesta ocasión a conmemoración foi «máis sinxela que outros anos» debido ao mal estado do tempo -pola ola de frío polar, que complicou a circulación mailas celebracións-; circunstancia que impediu, segundo dixo, que «moitas persoas se achegasen doutros puntos de Galicia». Xunto a isto, Elías Pérez, subliñou que a homenaxe foi «con todo, emotiva e moi bonita». A cerimonia transcurriu logo dunha celebración eucarística que se fixo na parroquia de Xuño.
Ademais, na súa conversa con Ep, este responsable adiantou que o próximo ano espera unha «edición especial» á que, ao seu xuízo, e con doce meses vista, acudirá «moita máis xente». Tras o acto na praia, no cal tamén estiveron representantes da asociación de veciños Sartaxas e do Concello de Porto do Son, tivo lugar unha comida conxunta, á que se quedaron boa parte dos alí presentes.




