Miércoles
, 18-11-09
A mostra audiovisual itinerante «En Camino» será inagurada mañá na Sala de Exposicións da Cámara de Comercio da cidade castelá de Segovia, onde remata o seu periplo pola xeografía española. A exposición é promovida pola Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo (Consellería de Cultura e Turismo), en colaboración coa Asociación de Cámaras de Comercio dos Camiños Xacobeos.
A exposición consiste nunha secuencia de 28 fotografías sobre as peregrinacións xacobeas, particularmente dos camiños Francés e de Fisterra, e outra complementaria de Santiago como meta das peregrinacións. As pezas van montadas en caixas de luz, co que se consigue un efecto orixinal e unha atmosfera realmente suxestiva. A exposición permanecerá en Segovia ata o día 29, poñendo fin á itinerancia que a levou antes a Murcia, Briviesca, Toledo, Valladolid e Girona.


